Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto e Trofeo Internacional “Cidade de Narón”

Disputábase na mañá do pasado domingo a 1ª edición do Trofeo Internacional “Cidade de Narón” de Campo a Través e conxuntamente a 85ª edición do Campionato de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través no circuíto ubicado no fantástico Paseo Marítimo de Xubia, na nosa localidade.

Como de ben nacido é ser agradecido, antes de comezar a mostrar os resultados destacados gustaríanos agradecer a todxs xs atletas, clubs e espectadores que se deron cita no circuíto para disfrutar nunha xornada de campo a través deste nivel e, por suposto, a todos os colaboradores e patrocinadores xa que sin eles non sería posible levar a cabo este evento: grazas ao Concello de Narón e a Federación Galega de Atletismo, grazas a Hotel a Roldana, Hotel Kensington, Rilo, Restaurante Urimare, SPEIS de Narón, Lidl, El Corte Inglés de Ferrol, Decathlon Ferrol, Grupo Intaf, HAN’S SOCKS, AD Náutico de Narón, Roberto Marín, Fotocarlosgrafias

I Trofeo Internacional “Cidade de Narón” de Campo a Través

Na categoría absoluta, os podios estiveron formados por atletas de gran categoría como Alejandro Fernández (Ourense Atletismo), Manuel Hurtado (S.G. Pontevedra) e Carlos Porto (S.G. Pontevedra) en categoría masculina, e Edymar Brea (ADA Calviá), Marta Casanova (Club ADAS) e Sandra Mosquera (Club ADAS). Con respecto aos atletas do club os resultados da nosa participación foi a seguinte: Abdel Zaroual (5º), Brais Canosa (7º), Antananw Ayele (8º), Jose Manuel Troitiño (19º), Jose Luis Bouza (24º), Javier Tuimil (34º), Jesús Ardao (42º).

Na categoría Sub 23, houbo triplete do Club Atletismo Narón no podio masculino con Iván Puentes, Juan Rejas e Marcos Ruiz, mentres que Laura Sánchez foi a gañadora na proba feminina.

Na categoría Sub 20, tamén houbo triplete do Club Atletismo Narón con El Mehdi El Nabaoui, Jorge González e Pablo Camescase nas tres prazas do podio masculino. No tocante ao podio feminino as atletas que o coparon foron Sabela Rey (Club Atletismo Sar) e Sara López. Xoel Rodríguez (4º) e Jorge Morado (7º) pecharon a actuación naronesa nesta categoría.

Nas categorías máis xóvenes houbo unha gran participación e como non podía ser doutra forma, nutrida representación dos nosos e nosas atletas.

  • Sub 18
    • Podio masculino: Hugo Prida, Daniel Martínez e Marcos Cibreiro (Club Atletismo Fene)
    • Podio feminino: Andrea López (AD Náutico Narón)
    • Atletas do club: Francisco Rodríguez (5º)
  • Sub 16
    • Podio masculino: Daniel Portomeñe, Hugo Serantes (Club Atletismo Narón), Teo Feijoo.
    • Podio feminino: Ainara Pita (Club Atletismo Narón), Enma Argibay (Club Atletismo SAR) e Mariña Rey (Club Atletismo SAR).
    • Resto atletas do club: Jennifer Rey (4ª)
  • Sub 14
    • Podio masculino: Diego González, Lucas Riola (Club Natación Cedeira) e Pablo Caneiro.
    • Podio feminino: Alba Pena (Club Atletismo Narón), Inés Serantes e Rebeca Teijeiro (Club Atletismo Narón) 
    • Resto atletas do club: Gael Varela (4º), Irene Paz (6ª), Daniela García (7ª), Ander Amenedo (5º), María Hermida (8ª), Diego Tuimil (6º), Rubén López (8º), Antía Arnoso (9ª), Iván López (9º), Aroa Vilaboy (12ª).
  • Sub 12
    • Podio masculino: Brais Martínez, Miguel Suárez (Club Atletismo Narón) e Manuel Caneiro.
    • Podio feminino: Carmen Grandal (Ría Ferrol – C. Arenal), Tania López (Club Atletismo Narón) e Noa Ardao (Club Atletismo Narón).
    • Resto atletas do club: German Rey (4º), María Mera (4ª), David Orosa (11º), Carmen Faure (6ª), Paula Mouzo (7ª).
  • Sub 10
    • Podio masculino: Samuel Tallón (Club Atletismo Fene), Asier Pita e Anxo Rey (Club Atletismo Narón)
    • Podio feminino: Lara Amado (Club Atletismo Narón), Alba Filgueira e Candela López.
    • Resto atletas do club: Xoan Galego (7º), Adrian Mendez (10º), Javier Rodríguez (11º).

LXXXV Campionato de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través

Conxuntamente co I Trofeo Internacional “Cidade de Narón” disputabase o autonómico da disciplina. Comezaba a mañá coa disputa das carreiras pertencentes á categoría Sub 20, tanto en homes coma en mulleres. En homes o gran triunfador sería o Club Atletismo Narón, que conseguiu a primeira praza na clasificación por equipos (e polo tanto a participación no Campionato de España por clubs) nun equipo formado por: El Mehdi El Nabaoui (1º), Jorge González (2º e Campión Galego debido a condición de estranxeiro de Mehdi), Pablo Camescase (7º), Xoel Rodríguez (10º) e Jorge Morado (21º). O podio a nivel individual estivo composto polo xa citado Jorge González (Club Atletismo Narón), Esteban Basanta (Atlética Lucense) e Iago Jopia (Coruña Comarca). En mulleres o podio estivo copado por Lucía Sicre (Ría Ferrol – C. Arenal), Paula de la Torre (S.G. Pontevedra) e Miriam Tojeiro (Ría Ferrol – C. Arenal).

En categoría Sub 23 o Club Atletismo Narón conseguiría dúas medallas máis, coa gran actuación de Iván Puentes (Campión Galego) e Juan Rejas (bronce). Completou o podio Pablo Monteagudo do Club Atletismo Santiago. Tamén participaron nesta categoría Marcos Ruíz (12º) e Thiarle Dos Santos (18º). O podio en categoría feminina estivo formado por Laura Santos (Lucus Caixa Rural Galega), Antía Rodríguez (Ourense Atletismo) e Mariam Ferrán (Club Atletismo Santiago).

Na categoría absoluta os grandes triunfadores a nivel individual foron Alejandro Fernández (Ourense Atletismo) e Marta Casanova (Club ADAS), que estiveron flanqueados no podio por Manuel Hurtado (S.G. Pontevedra) e Alejo Ares (R.C. Celta) e Ángela González (AD Marathon) e Leticia Fernández (Valencia Club Atletismo), respectivamente. Destacar a nivel de clubs o 4º posto do noso equipo masculino que se quedou a escasos 4 puntos do podio. Os resultados dos nosos atletas na carreira absoluta foron os seguintes: Abdel Zaroual (9º), Brais Canosa (26º), Atananw Ayele (30º), Jose Manuel Troitiño (107º), Jose Luis Bouza (123º), Javier Tuimil (150º), Pepín Rioseco (164º) e Jesús Ardao (165º) en homes e Eva Pérez (44ª) e Rocío Rolán (48ª) en mulleres.

Resultados completos

Proximamente lles poderemos ofrecer amplas galerías fotográficas do evento, estade atentos aos nosos perfís nas redes sociais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *