O pasado domingo en Soria tiña lugar o Campionato de España de Campo a Través por Clubs, onde o noso club tiña participación co equipo masculino na categoría Sub 20. O gran triunfador voltou a ser El Mehdi El Nabaoui que segue intratable en calquera campionato nacional de campo a través no que participa e impúxose con autoridade na súa categoría.
Jorge González rematou no posto 63º, sendo o segundo atleta do equipo en cruzar a meta. Finalizaron a participación naronesa Pablo Camescase no posto 144 e Xoel Rodríguez no posto 160. Finalmente o conxunto rematou nunha meritoria 20ª praza da xeral, sendo un avance importante a nivel competitivo para o club, xa que non tiñamos representación neste campionato dende fai unhas cantas tempadas cando participara o equipo Sub 23 masculino e tamén o Sub 16 feminino.
Cabe destacar que este campionato é exclusivamente de clubs e que o individual (e por comunidades autónomas) disputarase o vindeiro 9 de marzo en Zaragoza.