Brais Díaz, un xove talento para o #NARON2022

O Club Atletismo Narón incorpora a Brais Díaz, un rapaz de categoría Sub 18 (inicia categoría neste 2022), cun futuro no que só él poderá poñer teito.

De cara a presentar a Brais, pensamos que o mellor é facernos eco de esta noticia do medio “Crónica3 .com A Mariña” na que se explica a súa traxectoria ata a actualidade e as súas motivacións para seguir mellorando dada a súa corta idade.

¡Benvido Brais!

📝 Crónica3 .com A Mariña

“O ribadense Brais Díaz Salas ficha polo Club Atletismo Narón

Rematada a temporada 2021, o atleta ribadense Brais Díaz Salas da un xiro na sua vida deportiva, mediante o cambio de club.

Brais iniciouse como atleta nas Escolas Deportivas Lourenzá da man de Rubén García e Ismaél Vallines, para posteriormente enrolarse na Escola Atlética lucense, pertencendo ó club da capital lucense durante as últimas 4 tempadas.

Tras unha estupenda temporada 2021 en categoría Sub16, onde Brais se proclamou Campión galego de lanzamento de peso, tanto en pista cuberta como aire libre, ademáis de medalla de bronce en lanzamento de xavelina, e logo de ser convocado coa selección galega de atletismo para o campionato de España de autonomías, Brais foi invitado pola Federación galega a participar en adestramentos dirixidos polo ex-atleta olímpico Fran Casaña, adestramentos que se seguen a celebrar en Narón.

Aproveitando esta circunstancia, o Club atletismo Narón fíxolle chegar a Brais o seu interés para que formase parte do seu grupo de atletas na temporada que comeza, co fin de reforzar o plantel co que xa contaba o club.

Este ofrecemento foi de gran agrado para Brais, posto que supón unha gran posibilidade de seguir medrando neste deporte, debido a que o Club atletismo Narón, ademáis de contar cunha excelente estructura organizativa e deportiva, amosa unha gran intención de fomentar o atletismo dende a base ata as categorías máster, contando con atletas suficientes para poder participar nos campionatos nacionales de clubs e individuais.

Dende o 1 de xaneiro Brais forma parte do Club Atletismo Narón, sendo o seu adestrador principal Manuel Polo.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *