Belén Toimil volta ao club

Belén Toimil volta ao club que a veu nacer no mundo do atletismo. A atleta mugardesa, que militou durante todos estes anos que leva alonxada do noso club no Playas de Castellón, decantouse por voltar grazas a unha oferta a longo prazo pasando a formar parte da estrutura técnica a partir da tempada 2021, incorporándose á dirección dun núcleo de tecnificación de lanzadores en Narón, dentro do proxecto ambicioso que estamos desenrolando dende esta tempada 2020.

Pese a que xa tiña dado a palabra para continuar no seu club actual, este aceptou o desexo da atleta de Mugardos debido á gran oportunidade profesional que supón para ela, e liberouna para poder fichar polo Club Atletismo Narón, pese a ter a licenza xa tramitada. Dende aquí agradecemos publicamente ao Playas de Castellon a súa colaboracion.

Con respecto ao seu palmarés non fai falta recordalo demasiado posto que todos coñecemos os logros de Belén: medallista absoluta en múltiples ocasións a nivel nacional, participante en Campionatos de Europa absolutos e récord woman galega de lanzamento de peso (casi nada).

Benvida Belén!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *