Aitor Fernández, unha incorporación de presente e moito futuro

Aitor Fernández Gayoso pasa a formar parte da familia do Club Atletismo Narón a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2020. O atleta procedente da Escola Atlética Lucense convírtese nun dos reforzos máis ilusionantes para o club, debido a súa xuventude (nado no ano 2003) é ás previsións de futuro nunha proba tan técnica e complicada como é o salto con pértega. Esta é a proba favorita de Aitor, atleta adestrado por Juan Trillo, aínda que tamén se prodiga regularmente nas probas combinadas, o que o fai ser un atleta moi completo e sempre necesario nas competicións por clubs.

Aínda que é un atleta moi novo e está en categoría Sub 18, ten un palmarés bastante amplio, tanto na proba de salto con pértega, na que é asiduo nos campionatos nacionais da súa categoría e acredita unha marca persoal de 4,15 metros, como nas probas combinadas:

2018

  • Bronce no Campionato de España Sub 16 AL en salto con pértega
  • 6º no Campionato de España Sub 16 PC en salto con pértega
  • 4º no Campionato de España de Federacións Sub 16 en salto con pértega
  • Campión galego Sub 16 AL de Probas Combinadas
  • Campión galego Sub 16 PC de Probas Combinadas
  • Subcampión galego Sub 16 AL de salto con pértega

2019

  • 6º no Campionato de España de Federacións Sub 18 en salto con pértega
  • 19º no Campionato de España Sub 18 AL en salto con pértega
  • Campión galego Sub 18 AL de Probas Combinadas
  • Subcampión galego Sub 18 AL de salto con pértega
  • Campión galego Sub 18 PC de salto con pértega
  • 5º no Campionato Galego Absoluto AL de salto con pértega
  • 7º no Campionato Galego Absoluto PC de salto con pértega

Benvido á tua casa Aitor!!

 

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *