Outra das grandes novas que nos deixa este arranque de ano é a volta á competición dun atleta da casa. O atleta naronés, reforza de xeito importante o sector de velocidade curta que na última tempada non estaba a pasar o seu mellor momento.
Esperamos que sexa unha peza clave no obxectivo de disputar a Fase de Ascenso a Primeira División, xa que ao longo da súa traxectoria ten sobradamente demostrada a súa competitividade nas competicións por clubs, rendindo sempre a un gran nivel tanto en Ligas Nacionais como en Copas Galegas.
Benvido á casa!!!