No día de hoxe comezou a Actividade Deportiva de Atletismo do Concello de Pontedeume, que este ano leva a cabo o Club Atletismo Narón.
Dende hoxe e durante os meses de xullo e agosto, todos os martes e xoves, no IES Breamo, habera dous grupos por idades, un de 10:30 a 11:30 e outro de 11:30 a 12:30.
Animamos a todas ás rapazas e rapaces a aproveitar estas magníficas xornadas para adentrarse no mundo do atletismo da nosa man.
Para obter mais información tedes que poñervos en contacto co Servizo de Deportes do Concello de Pontedeume no teléfono 981433041.
Moitas grazas ao Concello de Pontedeume pola confianza depositada.