Xornadas de ilusiÓN, paixÓN, diversiÓN nos colexios

O Club Atletismo Narón completa a primeira fase da “Campaña de promoción do atletismo nos colexios de Narón e comarca”. Esta acción enmarcase dentro do proxecto de promoción do atletismo que o Club está a desenrolar dende o mes de agosto.

Comezando o pasado 23 de setembro e de forma ininterrumpida ata o día 13 de decembro, o atletismo estivo presente nun total de 14 colexios de Narón, Ferrol e Valdoviño. Foron tres meses intensos, nos que o Club Atletismo NarÓN achegou esta modalidade deportiva a máis de 2.200 nenos e nenas de educación primaria.

A actividade foi levada a cabo dentro do horario lectivo, nas horas de educación física. Tamén como complemento, algúns dos colexios asistiron a unha xornada de iniciación atlética no estadio municipal de Rio Seco. Todo isto foi posible gracias á colaboración e implicación dos colexios e os mestres de educación física.

Nos vindeiros meses levaranse a cabo novas accións para complementar as seguintes fases da campaña.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *