XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro venres 15 de setembro, entre as 16:30h – 18:00h faremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS para calquera rapaza ou rapaz que desexe descubrir este apaixoante mundo do atletismo. A entrada é totalmente libre.

Esta xornada de portas abertas coincidirá cunha FESTA DE BENVIDA a todos os atletas das escolas inscritos na actividade do Club, aos que animamos a que veñan acompañados dos seus amigos e amigas para que participen na xornada de portas abertas.

Comezaremos cunha breve presentación do novo curso, e do equipo técnico que levará a cabo a actividade. Para seguir cunha amena sesión participativa de xogos atléticos e remataremos cunhas fotos de grupo.

O evento comezará ás 16:30 e convocamos a tod@s para esa hora, rematando ás 18:00 aproximadamente.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *