No día de hoxe queremos presentarvos a I Carreira e Andaina Solidaria Senda Ártabra que se celebrará en O Val (Narón) o vindeiro domingo 13 de outubro, organizada pola Asociación de Veciños “Os Irmandiños” de O Val e o Club Atletismo Narón e coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Narón, a Federación Galega de Atletismo, a Asociación Nuestra Señora de Chamorro e Avpc Narón Protección Civil.
O evento disporá de varias modalidades para que poidades participar todos e todas, independientemente da idade ou preparación física:
📌 Carreira de 6,8 km pola Senda Ártabra
📌 Andaina de 5 km
📌 Distancias máis curtas para os máis pequenos
As inscricións abriranse o vindeiro luns 30 de setembro no portal de Carreiras Galegas, onde tedes toda a información do evento
Dende aquí queremos agradecer o magnifico entendemento cos compañeiros da AVV Os Irmadiños para levar a cabo este proxecto, a todos os colaboradores e ás empresas privadas que aportan o seu gran de area para que este novo proxecto bote a andar da mellor forma.