Mehdi Nabaoui novo atleta do Club Atletismo Narón

No día de hoxe podemos anunciarvos a primeira incorporación do Club Atletismo Narón de cara a tempada 2020. Trátase de Mehdi Nabaoui, atleta de orixe marroquí residente e formado atléticamente en A Estrada, máis concretamente no CD San Paio da localidade pontevedresa.

Mehdi, que cumplirá 18 anos o vindeiro mes de xaneiro, ten, pese á súa xuventude un amplio vagaxe de títulos nacionais e autonómicos (tanto en campo a través como en pista), e victorias de prestixio como as tres logradas no Cross de Atapuerca na súa categoría.

Dende o club manifestamos a nosa alegría por poder contar con unha das grandes promesas do atletismo galego e nacional e por iso queremos agradecer ao CD San Paio (o seu actual club), a Ángel Bugallo (o seu adestrador) e ao propio Mehdi a predisposición e colaboración para que esta fichaxe se puidera concretar de forma satisfactoria (sobre todo polas ofertas que tiñan encima da mesa e que foron descartadas).

BENVIDO MEHDI

📸 @lavozdegalicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *