Convocatoria XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

No día de mañá, sábado 11 de xaneiro, dispútase en Expourense a XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta. De seguido vos presentamos a convocatoria dos nosos equipos masculino e feminino que tratarán de deixar o listón do club o máis alto posible.

O equipo masculino enfrontarase os conxuntos da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Real Club Celta de Vigo, Club Atletismo Santiago, Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Escola Atlética Lucense, Ourense Atletismo e Club Atletismo Sada.

Por outra parte, nesta tempada temos de novo ao noso equipo femenino incrustado entre os oito mellores equipos de Galicia, despois de varios campionatos de clubs afastado dos postos de privilexio. As nosas rapazas terán como rivais o Ría Ferrol Concepción Arenal, Atletismo Femenino Celta, Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Escola Atlética Lucense, ADAS O Barco e Club Atletismo Santiago.

O obxectivo é o mesmo en ambas formacións, competir ao mellor nivel posible e sumar os máximos puntos posibles, sempre amosando durante toda a competición ese espírito de equipo que fai que este tipo de competicións sexan tan especiais.

RegulamentoClubs clasificadosAtletas inscritos

Horario e sorteo de rúas Cámara chamadas

Moita sorte a tod@s!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *