No día de hoxe a Federación Galega de Atletismo facía públicas as convocatorias dos equipos feminino e masculino de cara ao vindeiro Campionato de España Sub 16 por Federacións Autonómicas, que se disputará en Gijón os días 7 e 8 de outubro.
Estamos moi contentos de poder anunciarvos a presenza de tres atletas que levarán a bandeira do club na selección autonómica:
Antía Otero en lanzamento de xavelina
Gael Varela en 1.500 obstáculos
Lucía González en salto de lonxitude
serán os representantes da Selección Galega nas súas probas.
Noraboa e moita sorte aos tres!!