Hoxe remataba o Campionato de Europa Máster que tivo lugar en Pescara (Italia). Ata ali se desprazaron tres atletas do Club, que completaron unha gran actuación nesta competición:
MANUEL POLO participou nas probas de marcha de 5km e 10km, onde acadou o 4º e 5º posto respectivamente quedando a escasos segundos do podio nas dúas ocasións, e rexistrando dous récords de Galicia M50.
JAVIER LLOPIS tomou parte nos 100m.l. M45 clasificandose para a semifinal cun tempo de 12″15, e tamén en 200m.l. onde pasou á semifinal cunha marca de 25″33.
JUAN LUIS PAZ correu os 100m.v. nun tempo de 14″95 que lle valeu o pase á final onde acadou un excelente quinto posto na categoría M50.
Parabens!!!