A pasada semana estivemos promocionando o atletismo entre os escolares do Concello de Narón.
O luns día 25, alumnos do CEIP de Piñeiros achegábanse ata ao Estadio de Atletismo de Rio Seco para coñecer as principais disciplinas atléticas, e pasaron unha mañá moi entretida.
O xoves día 28 era o Club Atletismo Narón quen se desprazaba ata o CPI do Feal, para que as nenas e nenos puideran practicar atletismo no propio recinto escolar durante o horario lectivo.