O pasado día 12 de marzo tiña lugar no CEIP O Feal unha nova xornada en horario lectivo organizada polo Club Atletismo Narón. A xornada desenrolouse en formato de competición na que participaron rapaces e rapazas, e orientouse como complemento á xornada de promoción do atletismo levada a cabo no mes de decembro neste centro.
A mesma actividade que estaba programada en outros moitos centros tivo que ser cancelada pola situación de emerxencia.
Para o mes de abril está programada unha competición intercentros no estadio de Rio Seco, con todos os colexios que participaron nas xornadas de promoción levadas a cabo a finais de 2019; lembramos que no primeiro trimestre do curso, achegouse o atletismo a mais de 2200 rapaces e rapazas de 14 colexios da comarca [ver nova relacionada]. Ainda que agora mesmo non sabemos como vai a afectar a situación de excepcionalidade, a intención do Club e levar a cabo esta competición intercentros coa colaboración dos colexios e do Deporte Escolar da Xunta de Galicia.