I Carreira da Auga (Sada)
- Detalles
- Publicado o Luns, 17 Outubro 2011 11:22
O domingo 16 de Outubro tivo lugar a I Carreira da Auga na localidade de Sada, unha carreira solidaria en beneficio de Unicef. Os nosos atletas máis destacados foron: Xoán Díaz Fonticoba, que conseguiu un 2º posto na categoría infantil; Roi Díaz Fonticoba, que tamén foi 2º pero en categoría prebenxamín; Eva Teijeiro Martorell, que alcanzou a 4ª plaza en categoría senior e María Abeledo Manteiga, cun primer posto na categoría cadete.
Cto. Galego 10 Km en Ruta
- Detalles
- Publicado o Martes, 11 Outubro 2011 16:08
O domingo 9 de outubro celebrábase o Campionato Galego de 10 kilómetros en ruta na Coruña, con saída e chegada no Obelisco. Ademáis de campionato galego, é unha das carreiras populares máis importantes do calendario galego e este ano contou con máis de 2450 participantes.
O primero atleta do club foi Santiago García,cun rexistro de 33'34 co que conseguía a medalla de prata na categoría promesa; tamén nesa mesma categoría Pablo Bouzas Rey acadaba o cuarto posto cunha marca de 34'14. Despois dos promesas chegaba Jose Luis Bouza Freire, cuarto na sua categoría cun rexistro de 35'36. Outro veterano que participou neste galego foi Pedro Abeledo, chegando en 42'01. E por último, Eva Teijeiro quedaba 15ª senior feminina cunha marca de 48'08.
No próximos días publicaranse os resultados da carreira de menores, onde houbo varias medallas: Sergio Piñón, María Abeledo, Xoán Díaz e Silvia de Diego.
I Carreira Solidaria Décimas Narón
- Detalles
- Publicado o Domingo, 02 Outubro 2011 14:30
Décimas Ferrol e Club Atletismo Affelou Narón organizan unha carreira solidaria a beneficio dun proxecto de cooperación internacional que leva a cabo a ONG Lena en Brasil: a I Carreira Solidaria de Narón.
Pódese participar nas distintas categorías que van dende "Biberóns" ata "Veteranos C" (maiores de 60 anos).
Os participantes deberán aboar 5 euros para inscribirse (que irán destinados á ONG Lena) antes do 29 de Setembro.
Circuito Galego de Marcha
- Detalles
- Publicado o Martes, 20 Septembro 2011 14:16
María Abeledo proclamouse campiona cadete desta proba cunha marca de 15'44 en 3 km marcha, demostrando que este ano poderá seguir loitando por facer unha boa marca nos campionatos de España da sua categoría. Nesta mesma xornada tamén participaba Pedro Abeledo logrando o 8º posto da carreira xeral de 5 km marcha, sendo 2º na sua categoría cunha marca de 29'05.