A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Cto. Galego 10 Km en Ruta

 O domingo 9 de outubro celebrábase o Campionato Galego de 10 kilómetros en ruta na Coruña, con saída e chegada no Obelisco. Ademáis de campionato galego, é unha das carreiras populares máis importantes do calendario galego e este ano contou con máis de 2450 participantes.

 O primero atleta do club foi Santiago García,cun rexistro de 33'34 co que conseguía a medalla de prata na categoría promesa; tamén nesa mesma categoría Pablo Bouzas Rey acadaba o cuarto posto cunha marca de 34'14. Despois dos promesas chegaba Jose Luis Bouza Freire, cuarto na sua categoría cun rexistro de 35'36. Outro veterano que participou neste galego foi Pedro Abeledo, chegando en 42'01. E por último, Eva Teijeiro quedaba 15ª senior feminina cunha marca de 48'08.

No próximos días publicaranse os resultados da carreira de menores, onde houbo varias medallas: Sergio Piñón, María Abeledo, Xoán Díaz e Silvia de Diego.