A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Volvemos de novo ás pistas... Acompañádenos!

¿Cantes veces oístes iso de "o atletismo é só correr", "correr por correr non me ten gracia" ou "para facer atletismo hai que estar moi delgado"? Nada máis lonxe da realidade! O atletismo é moitísimo máis que correr: non só é un dos deportes con máis diversidade de disciplinas (carreiras lisas de velocidade ou fondo, carreiras con valos, saltos, lanzamentos, obstáculos, marcha...), senón que cada unha delas ten as súas particulariedades e precisan de atletas con morfoloxías moi diferentes. Poucas similitudes físicas teñen, por exemplo, os binomios Ángel David Rodríguez-Mario Pestano, ou Ruth Beitia-Berta Castells, pero todos eles atoparon o seu lugar no atletismo e dominaron (algúns todavía o seguen a facer) o panorama nacional durante moito tempo. Tan só tes que atopar a proba que mellor se adapte aos teus gustos e fortalezas!

Un ano máis, co inicio do mes de setembro daremos comezo ás nosas Escolas de Atletismo de Narón. O vindeiro luns 11 será o primeiro día para os nosos rapaces e rapazas máis pequenos, que teñen unha cita no Estadio de Atletismo de Río Seco xunto aos seus compañeiros e adestradores, para comezar todos xuntos unha nova andadura que os leve a mellorar tanto no ámbito deportivo coma fóra del.

Como facemos cada ano, aínda que as Escolas están en principio dirixidas a nenos e nenas a partir dos 6 anos, comezaremos tamén nas categorías prebenxamín e biberón (nados nos anos 2011 e 2012) se hai suficientes inscritos, co fin de que vaian familiarizándose co entorno da pista e empapándose deste gran deporte.

Os atletas nados en 2002 ou anos anteriores poden pasarse polas pistas de atletismo a partir dese mesmo luns (preguntar por Álvaro) para recibir máis información ou directamente incorporarse aos adestramentos. Os horarios de adestramento para os atletas máis maiores serán os luns, mércores, xoves e venres entre as 16:30 e as 18:30h, aínda que como sabedes este ano vaise amplia-lo horario para facer un grupo máis avanzado en horario de 19:30 a 21:30h eses mesmos días).

 

Dirixido a:

Rapaces e rapazas a partir de 6 anos.

Horario:

Prebenxamíns / biberóns (anos 2011 e 2012)

Luns e Mércores de 16:30 a 17:30

 

Benxamíns e Alevíns (anos 2007 - 2010)

Luns, Mércores e Venres de 16:30 a 18:00

 

Infantís e Cadetes (anos 2003 - 2006)

Luns, Mércores, Xoves e Venres de 16:30 a 18:00

Lugar:

Estadio Municipal de Río Seco (Narón) [Ver Mapa] 

 

Os pais, nais ou titores que desexen solicitar máis información, poderán achegarse pola oficina sita no mesmo estadio tamén a partir do día 11 (horarios de 16:45 a 18:15 os luns, mércores e venres) e preguntar por Juanín, Yoli ou Eva. De non poder achegarte por alí, tamén podes contactar connosco a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , ou nos números de teléfono 659.22.11.27 (Eva), 619.16.10.89 (Juanín) e 649.78.04.43 (Yoli).

Non o dubides máis e achégate polas pistas. O que proba, xa non se quere ir!