A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Novidades en Narón para a vindeira tempada!

O vindeiro 1 de novembro entraremos no novo curso atlético 2017/18 (dando comezo a pre-tempada xa co inicio do mes de setembro) e con vistas á volta do equipo masculino a 1ª División Nacional, dende o Club queremos aumentar un pouco máis as facilidades aos atletas da casa. Como sabedes, até agora o Estadio Municipal de Río Seco pechaba as súas portas ás 20:00h de luns a venres, permanecendo ademais cerrado os fins de semana, co que os nosos horarios de adestramento quedaban bastante reducidos.

É por iso que este ano, tras falar co concelleiro de deportes (e a falta da aprobación oficial por parte do Concello), organizaremos un novo grupo de adestramento á tarde-noite para toda esa xente que traballa de tarde, ou que non se pode achegar até as pistas antes, ou que simplemente prefire adestrar máis tarde. Os novos horarios, todavía a concretar, estarán comprendidos entre as 19:00 e as 22:00 horas os luns, mércores, xoves e venres nas pistas de atletismo de Narón.  En principio, o responsábel do grupo será Alex Romero, que ademais facilitará as labores de planificación da tempada aos atletas do grupo que o precisen.

A segunda das novidades será que os martes, de 19:30 a 21:00 horas, recuperaremos os accesos ao Ximnasio do Pavillón de A Gándara, polo que as sesións de forza e potencia poderán ser máis completas grazas ás posibilidades que nos ofrece dita instalación. Como sabedes, a capacidade deste ximnasio aínda así é reducida, polo que haberá prazas limitadas para acceder ao mesmo, reservándose as mesmas con preferencia para os atletas do grupo da tarde-noite.

Pero a cousa non remata ahí: aparte dos novos horarios entre semana, os sábados en xornada matinal teremos acceso tamén ás instalacións de Río Seco, probabelmente dúas horas comprendidas entre as 11:00 e as 14:00h. Tanto estes horarios coma os da tarde-noite os concretaremos nas vindeiras semanas entre os propios asistentes (farase un grupo de whatsapp para ver a dispoñibilidade e preferencias de todos).

Tódolos interesados en integrarse ao novo grupo de adestramento, ben sexa tódolos días ou tan só algún día da semana de forma habitual, avisade ao propio Alex ben por whatsapp, por redes sociais ou a través do seu correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. para ter acceso ao grupo de whatsapp e poder planificar todo correctamente. Polo de agora xa están anotadas unhas dez persoas, animádevos!