A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Catro medallas para os nosos Xuvenís en Ferrol!

O pasado domingo 4 as Pistas de Atletismo de A Malata (Ferrol) recibían ao futuro do atletismo autonómico coa celebración dos Campionatos Galegos Xuvenís e Cadete en Pista ao Aire Libre. Varios dos nosos atletas estiveron presentes na competición, na que obtiveron un total de 4 medallas e 5 novas marcas persoais. A sú actuación foi a seguinte:

XUVENÍS:

  • Xoán Díaz, Campión Galego de 100ml con 11"05 (+3'3m/s) na Final e 11"43 (+0'7m/s, MMP e Mínima para o Campionato de España Xuvenil) en semifinais; e Campión Galego de 200ml con 22"85 (+1'2m/s).
  • Manuela Castro, Subcampiona Galega de 400ml cun tempo de 1'01"42.
  • Andrea Lago, Medalla de Bronce nos 100mv con 16"69 (+1'8m/s, MMP), tras vence-la súa semifinal con 16"79 (+2'6m/s) e 5ª na final de salto de lonxitude cunha mellor tentativa de 4'71m (-0'1m/s, MMP).
  • Christian Duarte, 5º nos 1500ml con 4'55"29.
  • Demba Sanyang, 6º nos 400mv (0'838m) cun rexistro de 1'00"08.
  • Evelyn Fernández, 6ª en peso (3kg) cun mellor lanzamento de 9'41m e 6ª en xavelina (500g) tras envia-lo artefacto até os 21'68m.
  • Paula López, 11ª nos 200ml con 28"01 (+1'5m/s) e 12ª nos 100ml con 13"42 (+1'1m/s) en semifinais.
  • Lucía Heras, 14ª nos 100mv cun tempo de 18"86 (+3'1m/s).

CADETES:

  • Lucía Permuy, 4ª na final de salto de altura tras pasa-lo listón sobre 1'46m (MMP).
  • Carmen Jiménez, 5ª nos 3000ml cun crono de 11'35"26 (MMP).
  • Xela González, 8ª na final de salto de lonxitude cun mellor intento de 4'65m (+3'8m/s) e 14ª nos 100ml con 13"59 (+3'2m/s). [Resultados Ferrol]