A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Ricardo Suárez, Campión Absoluto de Asturias!

O pasado sábado día 3 chegou o turno dunha das citas subliñadas en vermello no almanaque dos mellores marchadores a nivel nacional e internacional: o XXXI Gran Premio Internacional Cantones de Marcha de A Coruña - Sergio Vázquez, que coma sempre aproveitou a ocasión para achegar ao resto de atletas de menor nivel á disciplina coa celebración conxunta do VI Memorial Josefina Romero de Marcha. Nesta última competición tomaron parte varios dos nosos marchadores. Álex Novás conseguiría a victoria na distancia de 5km marcha en ruta cun extraodrinario tempo de 22'43" (MMP), entrando Pedro Abeledo en 13ª posición con 28'10". Xa en categorías menores, Sara Santiago sería 13ª entre as cadetes, rexistrando un crono de 20'40" (MMP) nos 3km e Rubén López entraría 2º no 1km benxamín con 5'43" (MMP). [Resultados A Coruña]

O mesmo sábado, o mediofondista Martín Regueira repetía victoria unha semana máis tarde, nesta ocasión na VI Carreira Pedestre Concello de Zas, onde finalizaba os 2'4km Contra o Cancro nun tempo de 7'01". [Resultados Zas]

Un pouco máis lonxe da casa, o velocista Javier García tomaba parte no XX Trofeo Internacional Ciudad de Salamanca - Memorial Carlos Gil Pérez, no que rexistraba un gran tempo nos 100ml, 11"07 (+2'8m/s), pero cun vento excesivo que non lle validaría a marca. [Resultados Salamanca]

Rematamos repasando a actuación no Campeonato de Asturias Absoluto doutro dos nosos velocistas, o sector que máis alegrías nos está a dar este ano: Ricardo Suárez conseguía proclamarse o domingo en Oviedo Campión de Asturias nos 100 metros lisos cun fantástico tempo de 10"94 (+1'1m/s, MMP e Marca Mínima para participar no Campionato de España Promesa en Pista ao Aire Libre) na final, tras acreditar 11"17 (+0'2m/s) en semifinais. O atleta levaba semanas avisando de que se atopaba en condicións de meterlle un bo mordisco á súa marca, e vaia se o demostrou. Parabéns, Ricardo! [Resultados Oviedo]