A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Bastiagueiro, Oviedo, Dumbría e Pontevedra

Ademais dos Campionatos Autonómicos xa mencionados en anteriores novas, a pasada semana houbo outras moitas competicións nas que tomaron parte os nosos atletas. Comezamos repasando as súas actuacións no II Trofeo ONCE Arcelima, celebrado o venres 26 nas Pistas do INEF en Bastiagueiro:

  • 200ml: Javier García, 22"39 (+1'0m/s, MMP), mellorando o seu mellor rexistro que databa de 2014; Xoán Díaz, 22"79 (+1'0m/s); e Demba Sanyang, 24"30 (+0'1m/s);
  • 100mv (0'762m): Andrea Lago, 17"28 (+1'0m/s, MMP); e Lucía Heras, que abandonou.
  • 400mv (0'838m): Demba Sanyang, enorme con 58"15 (MMP), a tan só 5 centésimas da marca mínima esixida para participar no Campionato de España Xuvenil en Pista ao Aire Libre (58"10).
  • Lonxitude: Andrea Lago, 4'66m (-1'5m/s, MMP), mellorando marca a pesar do vento; Xela González, 3'99m (-1'9m/s). [Resultados Bastiagueiro]

O sábado 27, Oviedo acollía o "Campeonato de Asturias Juvenil, Junior y Promesa - 2ª Jornada y Control", onde Ricardo Suárez parou o crono nos 100 metros lisos en 11"22 (+1'9m/s). [Resultados Oviedo]

Ese mesmo día, Martín Regueira facíase coa victoria na proba absoluta de 2'85km Contra o Cancro que tiña lugar durante a III Carreira Pedestre de Dumbría, cun bo tempo de 9'05". [Resultados Dumbría]

Entrando xa nos resultados desta semana, o pasado mércores 31 de maio tiña lugar a V Xornada Circuíto en Pista Pontevedra - Control FGA Mediofondo e Fondo, na que tomaron parte tres dos nosos atletas: Carlos Montero, que venceu o salto con pértega sobre 3'85m, non puidendo máis tarde cos 4'10m por moi pouco; Iago Pazos, que nun último lanzamento maxistral durante o concurso de xavelina se foi até os 57'40m (MMP), vencendo a proba e ademais mellorando amplamente o seu anterior rexistro persoal; e Carlos Ferrer, que quentando xa motores para o Campionato de España Veterano, foi terceiro nese mesmo concurso cun lanzamento de 33'70m. A seguir así, rapaces!  [Resultados Pontevedra]