A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Os nosos veteranos, enormes en Ourense!

O pasado domingo celebrábase o Campionato Galego de Veteranos en Pista ao Aire Libre en Ourense, concretamente no Complexo Deportivo Monterrei (Pereiro de Aguiar). Foron varios os atletas do equipo que se achegaron ata alí para mellora-las súas marcas e auparse aos postos do podio... e vaia se o conseguiron! Volveron para a casa cun total de 18 medallas e 11 novas marcas persoais, grazas ás seguintes actuacións:

M-40:

  • Roberto Tuimil, Campión Galego de 110mv (0'991m) con 18"78 (-2'5m/s) e Campión Galego de 400mv (0'914m) con 1'04"94.
  • Enrique Ventura, Subcampión Galego de lanzamento de martelo (7'260kg) con 23'98m (MMP), Subcampión Galego de xavelina (800g) con 29'39m e Medalla de Bronce en lanzamento de peso (7'260kg) con 9'22m.
  • Jesús Ardao, Subcampión Galego de 400mv (0'914m) con 1'06"51, Medalla de Bronce nos 100ml con 12"66 (-0'1m/s, MMP) e Medalla de Bronce nos 200ml con 25"87 (-0'2m/s).
  • Andrés García, Medalla de Bronce nos 400ml con 57"53 (MMP), 4º nos 100ml con 12"78 (-0'1m/s, MMP) e 5º nos 200ml con 26"17 (-0'3m/s, MMP).

M-50:

  • Jorge Rodríguez, Campión Galego en lanzamento de disco (1'5kg) con 26'29m e Campión Galego de martelo (6kg) con 37'34m.

M-55:

  • José Luis Bouza, Subcampión Galego de 5000ml con 18'22"68.

W-35:

  • Eva Teijeiro, Medalla de Bronce nos 5000ml con 24'40"13 (MMP).

W-40:

  • Irene Fernández, Subcampiona Galega de lanzamento de martelo (4kg) con 16'69m (MMP), Subcampiona Galega de xavelina (600g) con 12'35m (MMP) e Medalla de Bronce en lanzamento de peso (4kg) cun mellor intento de 5'21m.
  • Rebeca Soto, Subcampiona Galega de 5000ml con 20'00"94 (MMP), Medalla de Bronce nos 400ml con 1'10"42 (MMP) e 4ª nos 100ml con 15"36 (-0'3m/s, MMP).

Aproveitando o evento, celebrouse conxuntamente o Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Marcha en 5000ml, onde outro representante do equipo gañaría unha nova medalla: Alex Novás, na proba de 5000m marcha en pista, lograría proclamarse Subcampión Galego xuvenil cun tempo de 23'49"56. [Resultados Ourense]

Parabéns a todos e todas!