A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Alex Romero, 4º no Cto. Galego de Combinadas

Os pasados sábado 27 e domingo 28 celebrábase o Campionato Galego Absoluto de Probas Combinadas ao Aire Libre nas Pistas do CGTD (Pontevedra), no que estivo presente Alex Romero, atleta xa asiduo ao evento na última década. Nun campionato moi reñido nos postos de podio entre Santiago Ferrer (finalmente ouro), Darío Costas (prata) e Adolfo Sainz-Maza (bronce), o atleta naronés non foi rival e rematou na 4ª posición cun total de 4235 puntos, a máis de 1000 puntos do seu mellor rexistro na combinada.

Os seus parciais no Decathlon Absoluto (100ml, lonxitude, Peso [7'260kg], Altura, 400ml, 110mv [1'067m], Disco [2kg], Pértega, Xavelina [800g] e 1500ml) foron os seguintes: 13"16 (-0'8m/s), 5'25 (-1'4m/s), 10'03m, 1'70m, 1'00"88, 19"52 (+0'4m/s), 25'45m, 3'05m, 37'97m e 5'29"49. [Resultados Pontevedra]