A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

As nosas benxamíns fanse co Campionato Galego en O Barco!

-Club Atletismo Narón

O pasado sábado 27, o Estadio Municipal de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras acollían os Campionatos Galegos Benxamín, Alevín e Infantil de Clubs en Pista ao Aire Libre, ao que acudía o noso equipo benxamín feminino. As rapazas, que partían entre as favoritas na competición tra-lo seu primeiro posto na V Liga Escolar Federada en Pista Cuberta no mes de xaneiro e unha aplastante vitoria no Provincial de Campo a Través, non defraudaron e se fixeron co título de Campionas Galegas da categoría cun total de 76 puntos, por diante do CA Sada (74 puntos) e o Ourense Atletismo (64'5 puntos). [Resultados O Barco]

A súa actuación completa foi a seguinte:

  • 50ml: Noa Souto, 5ª con 8"89.
  • 500ml: Nadia Brañas, 2ª con 1'43"09.
  • 1000ml: Alba Pena, 2ª con 3'50"12 (MMP).
  • 1km Marcha: Antía Arnoso, 6ª con 7'51"50 (MMP).
  • Altura: Nadia Brañas, 4ª con 1'03m.
  • Lonxitude: Noa Souto, 1ª con 3'39m (MMP).
  • Peso (1kg): Noa Romero, 1ª con 6'91m (MMP).
  • Pelota (200g): Noa Romero, 4ª con 13'30m.
  • Relevo 4x50m: equipo feminino (Noa Ardao, Noa Díaz, Paula Mouzo e Antía Arnoso), 1º con 35"64.

Parabéns, rapazas!