A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Cangas, Santiago, Lugo, Ourense e A Pobra

Chegamos á época do ano con maior cantidade de competicións en pista, e os nosos atletas continúan a súa tempada na busca de mellores marcas. Comezamos repasando os resultados do pasado mércores 17 no XIII Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista, onde estiveron presentes catro dos nosos atletas: Elvis Rondón, que realizou 11"86 nos 100ml (+0'0m/s) e foi segundo na lonxitude con 5'80m (-1'6m/s); Rubén Martínez, que correu o hectómetro en 12"07 (+0'0m/s) e venceu no salto de lonxitude con 6'22m (+0'0m/s); Alex Novás, segundo nos 5km marcha cun bo tempo de 23'33"21; e Carlos Morales, que nesta mesma disciplina entrou 7º con 27'10"65. [Resultados Cangas]

Tamén aproveitando o festivo na nosa comunidade polo Día Das Letras Galegas celebrábase o mesmo mércores o VTrofeo de Atletismo Fontes do Sar, no que participaron Roberto Tuimil, que finalizou os 100ml en 13"06 (+3'2m/s) e os 400ml en 1'01"49; e Demba Sanyang, que foi 4º nos 100ml con 11"96 (+3'7m/s) e 3º nos 400ml con 52"04, preto do seu mellor rexistro persoal. [Resultados Santiago]

Xa o venres 19, tiña lugar o Trofeo Atletismo Lugo, onde estiveron varios dos nosos atletas: Alex Romero, que realizou 13"26 nos 100ml (-2'1m/s) e se retirou nos 110mv con molestias; Demba Sanyang, 2º nos 400ml con 52"74 e 2º tamén no seu debut nos 400mv xuvenís cun excelente rexistro de 59"37, que supón un novo Récord do Club da distancia para os valos de 0'838m; Roberto Tuimil, que realizou 18"25 (+0'8m/s) nos 110mv (0'991m) e 1'08"87 nos 400mv; e Xela González, que correu os 100ml en 13"92 (+2'1m/s) e se foi en lonxitude até os 4'52m (+0'0m/s, MMP). [Resultados Lugo]

O domingo 21 Rubén Martínez achegábase ata Pereiro de Aguiar para tomar parte na XXXIV Copa Deputación de Atletismo en Pista, onde acadaba a victoria unha vez máis no salto de lonxitude cunha mellor tentativa de 6'32m (+1'7m/s). [Resultados Ourense]

Por último, pero non menos importante, os máis pequenos tiveron tamén a súa competición coa celebración do Campionato Provincial Escolar en Pista - XOGADE na Pobra do Caramiñal, onde estiveron os atletas mellor clasificados previamente en cada comarca. Os seus resultados, por categorías, foron os seguintes:

INFANTÍS:

  • María Heras, Campiona Provincial de 80mv (0'762m) con 16"24 (-0'2m/s), Subcampiona Provincial de 220mv con 37"9 M (-3'1m/s) e Subcampiona Provincial de triplo salto con 8'77m (+0'0m/s).
  • Sergio Soto, Subcampión Provincial de 3000ml con 11'54"52.
  • Nerea Freire, Medalla de Bronce na final de triplo salto con 8'60m (+0'1m/s, =MMP) e 6ª nos 80mv (0'762m) con 17"23 (-0'2m/s).
  • Javier Rodríguez, Medalla de Bronce no lanzamento de peso (3kg) con 8'34m, a 1 só centímetro do seu mellor rexistro, e 9º na xavelina (500g) con 18'37m (MMP).
  • Roi Díaz, 4º clasificado no Tetrathlon Infantil [80ml, lonxitude, peso (3kg) e 80mv (0'838m)] a pesar dos seus problemas esta tempada co talón. Os seus parciais foron de 12"8 M (-2'5m/s), 3'23m (+0'1m/s), 5'42m (MMP) e 18"8 (-1'7m/s), para un total de 545 puntos.
  • Equipo masculino do Relevo de 4x80m (Sergio, Adri, Eloi Tre e Javi): 5º clasificado con 49"16.
  • Laura Rodríguez, 7ª nos 150ml con 22"58 (-1'2m/s) e 11ª nos salto de altura con 1'12m.
  • Equipo feminino do Relevo de 4x80m (Nerea, Laura, Lara e Sabela): 8º clasificado con 48"05.
  • Adrián López, 10º nos 80ml con 12"50 (+0'8m/s).
  • Sabela López, 11ª empatada nos 80ml con 12"2 M (+0'8m/s).
  • Lara Chao, 15ª nos 80ml con 12"7 M (-0'8m/s).

ALEVÍNS:

  • Marta Ventura, Subcampiona Provincial en 60ml con 9"0 M (MMP) e Medalla de Bronce nos 1000ml con 3'44"29 (MMP).
  • Rebeca Teijeiro, Subcampiona Provincial de 2000ml con 8'08"51 (MMP).
  • Juan Daniel Grandal, 4º no lanzamento de peso (2kg) con 7'66m (MMP).
  • Ángel García, 5º no lanzamento de peso (2kg) con 7'61m (MMP).
  • Erika Fernández, 5ª na final de lanzamento de peso (2kg) con 5'52m (MMP).
  • Xoel González, 7º no lanzamento de xavelina (400g) con 15'96m (MMP).
  • Irene Vázquez, 12ª no salto de lonxitude con 3'01m.

BENXAMÍNS:

  • Rubén López, Campión Provincial en 1km Marcha con 5'57"17 e 12º en salto de altura con 0'95m (MMP).
  • Alba Pena, Campiona Provincial de 1000ml cun tempo de 3'52"37.
  • Nadia Brañas, Subcampiona Provincial de salto de altura con 1'10m (MMP) e Medalla de Bronce nos 500ml con 1'41"7 M (MMP).
  • Noa Souto, Medalla de Bronce no salto de lonxitude con 3'20m e 4ª empatada na final de salto de altura con 0'90m.
  • Antía Arnoso, 6ª na final de salto de lonxitude con 2'97m (MMP) e 8ª nos 500ml con 1'48"1 M.
  • Noa Romero, 6ª no lanzamento de peso (1kg) con 6'52m (MMP).
  • Paula Mouzo, 7ª empatada nos 50ml con 8"4 M (MMP).
  • André Ordiales, 6º en lonxitude con 3'06m (MMP) e 8º empatado nos 50ml con 8"4 M.
  • Marta Lamas, 14ª en salto de lonxitude con 2'56m.

Parabéns a toda e todos polas marcas e postos acadados. A seguir así! [Resultados A Pobra]