A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Carlos Ferrer, novo Campión de España!

-Club Atletismo Narón

Os pasados sábado 13 e domingo 14 de maio disputábase en Logroño o Campionato de España de Veteranos de 10.000m, Pentathlon Lanzamentos e Combinadas, onde tomaba parte o noso lanzador Carlos Ferrer na proba de Pentathlon Lanzamentos en categoría M55 (Martelo [6kg], Peso [6kg], Disco [1'5kg], Xavelina [700g], Martelo Pesado [11'34kg].

O pontevedrés comezou segundo no martelo con 36'31m, seguindo cun terceiro posto no peso con 10'36m, unha victoria no disco con 35'54m, unha segunda posición na xavelina con 34'59m e outro segundo posto no martelo pesado con 14'03m, obtendo un total de 3281 puntos entre os cinco eventos. A súa regularidade en tódalas probas permitíulle vencer ao seu gran rival Luis Miguel Urrea por escasos 49 puntos, conseguindo proclamarse Campión de España da súa categoría e facéndose polo tanto coa Medalla de Ouro no campionato. Parabéns, Carlos. A seguir así! [Resultados Logroño]