A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Fin de semana contra o reloxo na busca de marcas para o estadillo

A pasada semana houbo unha loita sen cuartel entre gran número de clubs do panorama nacional, que na procura de rexistros para confecciona-los estadillos de marcas da Segunda División Nacional alientaron aos seus atletas a participar en tódalas probas onde se poidera mellorar. Non ocurreu menos na nosa comunidade, que con varios equipos na pelexa por entrar nos octogonais de ascenso, foron moitas as competicións celebradas e os atletas participantes. Comezamos repasando os resultados do XLII Trofeo SGP - I Xornada XXX Trofeo Froiz, celebrado o pasado mércores día 10 en Pontevedra. Alí tomaron parte na proba de lanzamento de disco Faisal Dauda, que rematou segundo con 42'02m (MMP) e Carlos Ferrer, que foi terceiro con 31'01m. [Resultados Pontevedra]

O venres 12 disputábase o Trofeo Marineda Atlético - Enrique Graña nas Pistas do INEF de Bastiagueiro, onde os nosos atletas asinaron os seguintes resultados:

  • 100ml: Xela González, 13"60 (+2'2m/s).
  • 400ml: Andrés García, 59"52 (MMP); e Rebeca Soto, 1'12"82.
  • 500ml: Alba Pena, 1'45"48 (MMP); Noa Ardao, 1'57"58 (MMP); e Noa Romero, 1'59"60 (MMP).
  • 400mv: Eulogio Cao, 1'02"97 (MMP e Novo Récord Galego Veterano M40 no seu debut na proba. Fantástico!); Roberto Tuimil, 1'07"98; Jesús Ardao, 1'10"25; Eva Castro, 1'11"94, que 18 anos despois queda a menos dun segundo do seu mellor rexistro na distancia; e Andrea Lago 1'21"40 (MMP).
  • Xavelina [400g]: Nerea Freire, 13'36m (MMP).
  • Xavelina [500g]: Evelyn Fernández, 23'24m (MMP).
  • Xavelina [600g]: Irene Fernández, 10'93m (MMP).

Xa o sábado día 13 a Pista Universitaria de Ourense acollía o Ourense Thermal Athletics Meeting 2017, onde tomaron parte os seguintes atletas:

  • 100ml: Javier García, que mellorou a súa marca persoal con 11"12 (+1'9m/s, MMP) en semifinais, vencendo na Final B con 11"21 (+0'3m/s); e Paula López, 13"56 (+0'7m/s).
  • 200ml: Xoán Díaz, 22"51 (+2'7m/s); Javier García, 22"59 (+1'2m/s); Paula López, 27"20 (+1'8m/s, MMP);
  • 400ml: Demba Sanyang, que realizou unha boa carreira entrando seguramente entre os tres mellores, pero da que non temos tempos oficiais por fallo da videofinish; e Manuela Castro, que foi terceira entre as mulleres cun tempo de 1'01"40.
  • 800ml: Martín Regueira, que non tivo o seu mellor día e rematou en 2'07"00. [Resultados Ourense]

O domingo día 14 as Pistas do CGTD de Pontevedra acollían o VII Trofeo de Lanzamentos, onde estiveron presentes varios dos nosos lanzadores da zona: Faisal Dauda, 30'64m en disco e 41'00m en martelo; Carlos Ferrer, 35'09m co disco de 1'5kg e 31'85m co martelo de 6kg. [Resultados Pontevedra]

Ese mesmo día tiña lugar en A Pobra do Caramiñal o II Trofeo Atletismo Barbanza - Día das Letras Galegas, onde Elvis Rondón remataba os 400ml en 54"69 e Iago Pazos enviaba a xavelina absoluta até os 52'77m. [Resultados A Pobra]

Tamén o domingo celebrábase a V Serie Municipal - Circuíto Concello de Vigo, na que Lucía Heras melloraba o seu mellor rexistro en 100mv cunha marca de 18"96 (+0'1m/s, MMP) e Rubén Martínez facía o propio en altura tras pasar o listón sobre 1'72m (=MMP). [Resultados Vigo]

Máis lonxe da casa, Telmo Beceiro probaba sorte no lanzamento de peso durante o Campionato Provincial Absoluto de Burgos, onde conseguía a segunda posición cun mellor lanzamento de 10'80m. [Resultados Burgos]

Deixando de lado as competicións en pista, o domingo 14 tiña lugar en Culleredo a VI Carreira Popular pola Ría do Burgo - V Circuíto Deputación Provincial de A Coruña, onde nos 10km absolutos tivemos a José Luís Bouza (21º con 39'38", sendo 1º no seu rango de idade veterano) e a Rebeca Soto (126ª con 46'30", entrando 2ª na súa categoría). Entre os infantís, Sergio Soto entrou 3º nos 2km con 7'31", mentres que a súa curmá Alba Pena venceu o 1km benxamín con 4'15". [Resultados Culleredo]