A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Gijón, Alicante, Vigo e Coristanco

O pasado sábado 26 celebrábase un Control de Marcas en Gijón, até onde se achegaron varios dos nosos velocistas en busca de marcas persoais, e vaia se conseguiron o seu obxectivo: a pesar de estar todavía comezando o mes de maio, tanto Ricardo Suárez como Javier García se fixeron cun novo rexistro nos 100 metros lisos, con 11"16 (+1'1m/s, MMP) e 11"20 (+1'0m/s, =MMP), respectivamente. O mellor de todo é que ámbolos dous remataron a carreira con sensacións agridoces, o que da a entender que teñen todavía moito que amosar este ano. A seguir así, rapaces! [Resultados Gijón]

O mesmo sábado, o noso decathleta Ángel Menduiña, desaparecido este ano por motivos laborais e afincado actualmente en Murcia, foi ata Alicante para tomar parte no "VI Control Absoluto Marcha y Vallas", onde completaría un 3000 metros obstáculos para poder axudar ao equipo de cara á confección de estadillos. O cangués remataría a proba en segunda posición nun tempo de 11'32"18 (MMP), deixando patente que é un rapaz todo terreo. [Resultados Alicante]

Xa o domingo, o Estadio de Atletismo de Balaídos acollía a IV Xornada do II Circuíto Concello de Vigo de Atletismo en Pista - Series Municipais, onde tomaron parte Rubén Martínez, que correu os 100ml en 11"51 (+2'9m/s) e realizou un mellor salto en lonxitude de 6'31m (+0'2m/s); Faisal Dauda, que conseguíu unha magnífica marca persoal en lanzamento de peso con 11'86m (MMP), nun concurso moi regular, e ademais enviou o martelo ata 40'87m; Carlos Ferrer, que lanzou o peso até os 9'61m e o martelo a 27'47m; Jorge Rodríguez, que fixo un mellor lanzamento en martelo de 36'81m; e Moisés Hermida, que tamén en martelo logrou unha marca de 30'99m (MMP), establecendo unha nova marca persoal no seu único lanzamento válido. [Resultados Vigo]

Por último, tamén o domingo celebrábase a Carreira Popular Concello de Coristanco, onde se animou a participar Pedro Abeledo, obtendo a 70ª praza (9º no seu rango de idade veterano), tras completa-los 9'71km do circuito cun tempo de 49'31". [Resultados Coristanco]