A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Tres equipos do Narón nos Autonómicos Júnior e Cadete

O pasado sábado 6 de maio o Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo acollía os Campionatos Galegos Júnior e Cadete por Equipos, onde o Club Atletismo Narón, que presentaba tres dos catro equipos posíbeis, finalmente acudía baixo mínimos por varias baixas de última hora. Os resultados dos nosos foron os seguintes:

JÚNIOR: Equipo Masculino, 10º con 64 ptos. Equipo Feminino, 10º con 57 puntos.

  • 100ml: Pablo Pena, 7º con 12"54 (-0'2m/s, MMP); e Paula López, 6ª con 13"91 (-0'2m/s).
  • 200ml: Xoán Díaz, sensacional victoria con 22"59 (-1'2m/s, MMP);
  • 400ml: Demba Sanyang, 3º con 53"16; e Manuela Castro, 2ª con 1'00"03.
  • 800ml: Elian López (Coruña Comarca), 2º con 1'56"02.
  • 3km Marcha: Alex Novás, 2º con 13'21"62 (MMP), mellorando en medio minuto o seu anterior rexistro.
  • 1500ml: Diego Martínez (Coruña Comarca), 7º con 4'36"39.
  • 100mv [0'838m]: Lucía Heras, 7ª con 19"17 (-1'6m/s, MMP), máis dun segundo por debaixo da súa marca.
  • Altura: Diego Míguez (CA Sada), 3º con 1'68m (MMP); e Manuela Castro, 5ª con 1'41m (MMP), reventando o seu anterior rexistro.
  • Lonxitude: Irene López, 6ª con 4'40m (-0'3m/s).
  • Triplo: Diego Míguez, 6º con 11'32 (-1'5m/s); e Andrea Lago, 8ª con 9'27m (-2'8m/s).
  • Pértega: Andrea Lago, 3ª con 2'35m.
  • Peso [4kg]: Evelyn Fernández, 6ª con 8'37m.
  • Xavelina [800g]: Alejandro Becerra (Coruña Comarca), 4º con 45'68m (MMP).

CADETE: Equipo Feminino, 11º con 93 puntos.

  • 100ml: Sofía Crego, 4ª con 13"94 (-2'4m/s).
  • 300ml: Xela González, 10ª con 50"23.
  • 600ml: Andrea Castro, 12ª con 2'18"66 (MMP).
  • 1000ml: Andrea Seco, 13ª con 4'16"01.
  • 3000ml: Carmen Jiménez, 4º con 11'37"64 (MMP).
  • 3km Marcha: Sara Santiago, 5ª con 19'56"82.
  • 100mv [0'762m]: Estela Pena, 12ª con 21"15 (-1'2m/s, MMP).
  • 3000mv [0'762m]: Xela González, 10ª con 58"66 (MMP).
  • Altura: Lucía Permuy, 1ª con 1'44m (MMP).
  • Lonxitude: Estela Pena, 10ª con 3'92m (-1'0m/s).
  • Triplo: Lucía Permuy, 7ª con 9'22m (-1'5m/s).
  • Peso [3kg]: Andrea Castro, 13ª con 5'79m (MMP).
  • Disco [800g]: Celia Vilariño, 12ª con 12'23m.
  • Xavelina (500g): Sara Santiago, 13ª con 9'63m (MMP).