A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: A Coruña, Lovelhe, Bastiagueiro, O Pino e O Barco

Un día despois de que o noso equipo masculino se fixera co bronce no Campionato Galego de Clubs ao Aire Libre, o pasado domingo 23 de abril tiña lugar a Coruña 42, a coñecida maratón da cidade herculina, evento que se aproveitou ademais para celebrar unha Carreira de 10km no mesmo circuíto. Nesta última competición tomou parte Irene Fernández, que conseguíu remata-la proba no posto 1240º (sendo 133ª no seu rango de idade veterano), cun tempo de 1h02'37". [Resultados A Coruña]

O mesmo día, os nosos lanzadores achegábanse até a localidade lusa de Vila Nova de Cerveira para tomar parte na 3ª Jornada de Lançamentos de Lovelhe. Faisal Dauda conseguíu unhas marcas de 37'87m en disco e 42'74m en martelo, proba ésta última na que Jorge Rodríguez mandou o artefacto ata os 36,83m e Moisés Hermida fixo o propio con 30'08m,a escasos centímetros do seu mellor rexistro persoal. [Resultados Lovelhe - *Link Descarga]

Unha semana máis tarde, o sábado 29, chegaba o turno para os nosos nenos e nenas coa disputa da 2ª Fase Escolar Infantil en Pista - XOGADE, onde conseguiron un total de 13 novas marcas persoais a pesar do forte vento en contra nalgunhas probas. A súa actuación foi a seguinte:

  • 80ml: Lara Chao, 2ª con 12"00 (-0'4m/s, MMP); Adrián López, 6º con 12"17 (+0'4m/s); Sabela López, 6ª empatada con 12"22 (+1'0m/s, MMP); Óscar Puente, 14º con 12"99 (+0'5m/s, MMP); e Eloi Tre, 15º con 13"00 (+0'8m/s, MMP).
  • 150ml: Roi Díaz, 5º con 23"54 (-2'4m/s, MMP); 14ª con Sabela López, 24"30 (-2'3m/s); Óscar Puente, 8º con 25"25 (-3'0m/s); e Eloi Tre, 13º con 26"27 (-3'0m/s).
  • 500m: Adrián López, 8º con 1'38"64 (MMP).
  • 3000ml: Sergio Soto, 1º con 11'31"72 (MMP).
  • 80mv [0'762m]: María Heras, 1ª con 15"90 (-3'3m/s); e Nerea Freire, 3ª con 16"89 (-3'3m/s, MMP).
  • 220mv [0'762m]: María Heras, 2ª con 40"28; e Roi Díaz, 4º con 44"56 (MMP).
  • Altura: Laura Rodríguez, 9ª con 1'13m.
  • Lonxitude: Laura Rodríguez, 5ª con 3'56m (+0'0m/s, MMP); Adrián López, 12º con 3'53m (-0'9m/s, MMP); Óscar Puente, 13º con 3'43m (+0'7m/s, MMP); Lara Chao, 14ª con 3'25m (+0'0m/s); e Eloi Tre, 21º con 2'93m (+0'0m/s).
  • Triplo: María Heras, 1ª con 9'15m (-0'2m/s, MMP); e Nerea Freire, 2ª con 8'57m (+0'0m/s).
  • Peso [3kg]: Javier Rodríguez, 2º con 7'92m.
  • Xavelina (500g): Javier Rodríguez, 2º con 16'26m.
  • Relevo 4x80m: o equipo feminino (Nerea, Laura, Lara e Sabela), 3º con 48"26; e o equipo masculino (Óscar, Roi, Adrián e Eloy), 5º con 51"04. [Resultados Bastiagueiro]

Xa o domingo 30 celebrábase a XIV Carreira Popular Concello de O Pino, onde o incombustible José Luís Bouza acadaba unha meritoria 41ª posición, sendo 3º no seu rango de idade veterano, tras conseguir completa-lo percorrido de 8'1km nun tempo de 31'25". [Resultados O Pino]

Para remata-la semana, a Delegación de Atletismo de O Barco de Valdeorras celebraba o seu III Control de Marcas Federado da tempada, onde o noso lanzador Jorge Rodríguez acadaba o segundo posto no martelo absoluto tras manda-lo artefacto ata 35'81m. [Resultados O Barco]