A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Bronce para os homes e 6ª praza para as mulleres en Ferrol!

Como cada ano, nas últimas semanas de Abril disputouse un dos eventos máis atractivos do panorama autonómico coa disputa do Campionato Galego de Clubs en Pista ao Aire Libre, que nesta ocasión tiña lugar nas Pistas de Atletismo de a Malata, Ferrol. Ámbolos dous equipos do Club Atletismo Narón conseguían clasificarse previamente para a cita gracias aos seus estadillos de marcas, repetindo por tanto dobre participación como ocurría o ano pasado ou na Copa Galega desta mesma tempada.

O gran ambiente do evento e unha boa climatoloxía axudaron á gran actuación completada polos nosos equipos en Ferrol.

Pasando a falar de resultados, as rapazas repetían a 6ª praza conseguida o ano pasado en Lugo, mentres que no apartado masculino os nosos rapaces recuperaban a súa posición no podio e conseguían a terceira medalla da súa historia nesta competición (bronce), logo das pratas acadadas nos anos 2014 e 2015. A pesar de que algúns atletas non tiveron o seu mellor día e remataban as súas probas con malas caras, ao final da xornada varias actuacións sobresaíntes (non en van, os nosos obtiveron 2 victorias, 5 segundos postos e 4 terceiros) e o esforzo de todos eles daba os seus froitos e conseguían este magnífico resultado. [Result. Homes] [Result. Mulleres]

A actuación completa dos nosos atletas foi a seguinte:

  • 100ml: Ricardo Suárez, 2º nunha boa carreira na que non houbo tempos por un erro na videofinish. Máis tarde repetiría a serie para ter un rexistro e acabaría con 11"35 (-0'9m/s, MMP), conseguindo a súa mellor marca persoal a pesar do vento; e Paula López, que na mesma tesitura foi 5ª sen marca na final oficial e conseguiría logo un rexistro de 13"61 (+0'0m/s) na serie extra.
  • 200ml: Aquilino Lousa (Coruña Comarca), conseguindo unha magnífica victoria con 22"58 (+2'3m/s), nunha serie moi reñida; e Míriam Otero, 5ª con 26"76 (+1'9m/s) contra unhas rivais en gran estado de forma.
  • 400ml: Demba Sanyang, 5º con 52"91, algo atascado nos metros finais logo de ir por diante na rúa 8 gran parte da carreira; e Manuela Castro, 4ª cun excelente rexistro de 59"98 (MMP), conseguindo rebaixa-la barreira do minuto e reafirmando a mínima xa acadada anteriormente para participar no nacional xuvenil.
  • 800ml: Elian Numa López (Coruña Comarca), gran 2º posto cunha marcaza de 1'54"56 (MMP); e a incombustible Eva Castro, que foi 5ª mellorando a súa marca do ano cun tempo de 2'26"07.
  • 1500ml: Ermias Fernández (Coruña Comarca), 7º con 4'39"9 M nunha carreira táctica; e Irene Mera, 7ª con 5'20"8 M (MMP), nova marca persoal e rebaixando amplamente a súa marca deste ano.
  • 3000ml: Santiago García, formidábel 3ª praza con 8'50"13, despois dunhas semanas complicadas na que algúns problemas de saúde complicaron os seus adestramentos; e Rebeca Soto, que no seu debut con equipo absoluto entrou 8ª con 12'18"86 (MMP), mellorando o seu anterior tope en máis de medio minuto.
  • 3000m obst.: Alex Romero, que para non deixa-la proba en branco atreveuse coa distancia, rematando 6º con 14'49"09 (MMP); e Eva Teijeiro, que non tivo o seu mellor día (a elevada calor da xornada matinal tampouco favorecía á disputa da proba) pero aínda así rematou 5ª con 16'20"5 M.
  • 5Km Marcha: Álex Novás, boa 3º posición con 23'50"00, ao que por desgracia se lle caeu unha zapatilla no medio da carreira e perdeu o ritmo e a conexión coa cabeza de carreira ao pararse a recuperala; e Sara Santiago, que conseguíu ser 6ª cun rexistro de 36'26"3 M.
  • 110/100mv: Roberto Tuimil, 7º con 18"90 (+1'4m/s), na súa primeira toma de contacto co tartán dende o inverno; e Lucía Heras, 7ª con 19"32 (+2'3m/s), unha lástima o vento pois correu máis dun segundo por debaixo do seu rexistro persoal.
  • 400mv: Xoán Díaz, meritorio 7º posto con 1'04"1 M (MMP), aportando puntos nunha proba non habitual para o atleta; e Inés Doce, 6ª con 1'15"4 M, que parece recuperar sensacións despois dos problemas de lesións.
  • Altura: Agostiño Reigosa, gran 2ª posición con 1'79m, moi regular nestas alturas pese aos case nulos adestramentos esta tempada; e Sonia Beceiro, que a pesar de chegar cunha sobrecarga nos isquitibiais conseguíu ser 4ª empatada con 1'45m.
  • Lonxitude: Rubén Martínez, sensacional 3º posto con 6'41m (+2'5m/s), moi regular nestas distancias; e Irene López, 5ª con 4'48m (+0'7m/s), non moi lonxe do seu mellor rexistro.
  • Triplo: Diego Míguez (Sada), que desgraciadamente só conseguíu realizar un salto válido e rematou 6º con 12'05m (-1'2m/s), lonxe da súa mellor marca persoal; e Lucía Permuy, 7ª con 9'60m (+0'4m/s), nunha boa actuación.
  • Pértega: Carlos Montero, fantástica 2ª posición, situándose ademais de novo por encima dos 4'00 metros; e Andrea Lago, que tras unha recaída da súa escordadura do nocello durante o quentamento, foi quen de facer un salto válido sobre 2'00m para rematar 6ª e puntuar.
  • Peso: Telmo Beceiro, estupendo 3º posto con 11'05m na súa primeira aparición nunha pista de atletismo dende maio de 2015; e Evelyn Fernández, boa 5ª posición cun mellor intento de 8'51m.
  • Disco: David Martínez, que sacou a reluci-la súa calidade e se foi até uns máis que interesantes 46'52m, rematando nunha fantástica 2ª posición; e María Rodríguez, que acompañou ao equipo a pesar de non estar adestrando e rematou 6ª con 25'89m.
  • Xavelina: Iago Pazos, que está a completa-la súa mellor tempada ata o momento, non tivo o seu mellor día e finalizou 4º con 47'44m; e María Romero, 6ª con 17'67m, axudando ao equipo unha vez máis no que sexa necesario.
  • Martelo: Faisal Dauda, ao que non lle saíron as cousas como esperaba e se tivo que conformar coa 6ª posición e un mellor intento de 34'94m; e Alba González, que tamén regresou ás pistas durante o fin de semana para axudar ao equipo e rematou 7ª con 17'64m.
  • 4x100: fantástica actuación do equipo masculino (Aqui, Javi García, Xoán e Ricardo), que se fixeron cunha maxistral victoria con 42"58, mellorando xa a estas alturas da tempada o Récord do Club (anterior 42"71 en Alcorcón 2014); e o equipo feminino (Xela González, Sofía Crego, Manu e Míriam), 5º con 51"59, segunda mellor marca da historia do club a pesar de perder máis de medio segundo no primeiro dos cambios.
  • 4x400: o equipo masculino (Elvis Rondón, Noel Soto [Coruña Comarca], Eulogio Cao e Javi García), realizaba un soberbio traballo rematando 4º con 3'32"39, nunha excelente carreira dos catro integrantes; o equipo feminino (Inés, Eva Castro, Carmen Pena e Paula) facía o propio na súa carreira e finalizaba 6º con 4'32"45, o seu mellor rexistro dende 2009. Estes resultados en ámbolos dous relevos prevén unha magnífica actuación no Campionato Galego de Relevos a celebrar en Ourense o vindeiro 17 de maio.

Dende aquí tan só nos queda agradece-lo esforzo de tódolos atletas, adestradores e directivos do club e, cómo non, dos nosos fliliais (Club Atletismo Coruña Comarca e Club Atletismo Sada). Parabéns a todos e todas. A seguir así!