A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Pontevedra e Padrón, focos atléticos durante a Semana Santa

Durante a pasada semana, coincidindo coas vacacións de Semana Santa, foron dúas as probas atléticas ás que acudiron os nosos atletas. A primeira delas tivo lugar o mércores día 12 en Pontevedra, coa disputa da III Xornada do Circuíto Atletismo en Pista, onde estiveron presentes tres dos nosos lanzadores:

  • Faisal Dauda: 43'03m en martelo [7'260kg] e 40'60m no disco [2kg].
  • Jorge Rodríguez: 34'23m no martelo absoluto [7'260kg].

A segunda das competicións era a XXXVIII Carreira Popular de Pascua de Padrón, disputada o sábado 15, na que Rebeca Soto entrou 193ª (sendo 7ª entre as mulleres e 4ª na súa categoría), tras empregar un tempo de 46'52" en completa-lo percorrido de 10'5km. Xunto a ela estiveron o seu sobriño Sergio Soto, que conseguíu a 3ª posición nos 2km infantís e a súa filla Alba Pena, que rematou 2ª nos 0'7km benxamíns. [Resultados Padrón]