A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Campionato Galego de Clubs de Probas Combinadas

Entre o sábado e o domingo, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollía o Campionato Galego de Clubs de Probas Combinadas, conxuntamente co Campionato Galego Veterano de Probas Combinadas. Ata alí se achegaron dous dos nosos atletas, que tomaron parte no primeiro dos campionatos, a pesar de non poder completar equipo para optar ao podio. No Decathlon Absoluto (100ml, Lonxitude, Peso [7'260kg], Altura, 400ml, 110mv [1'067m], Disco [2kg], Pértega, Xavelina [800g], 1500ml), Alex Romero fíxose coa 3ª posición individual cun total de 4280 puntos, cuns parciais de 12"95 (-1'4m/s), 5'50m (+2'0m/s), 10'07m, 1'60m, 59"64, 18"41 (+0'2m/s), 26'55m, 3'05m, 35'97m e 5'49"84.

No Heptathlon Xuvenil (100mv [0'762m], Altura, Peso [3kg], 200ml, Lonxitude, Xavelina [500g] e 800ml) tomaba parte Andrea Lago, que desgraciadamente mancouse un nocello durante o concurso de salto con altura, o que lle impedíu saír á pista na segunda xornada e por tanto completa-la súa primeira combinada ao aire libre. Os seus parciais do sábado foron 17"66 (-0'6m/s), 1'26m, 7'57m e 29"96 (-1'3m/s). [Resultados Pontevedra]