A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Tres medallas para os nosos en O Pino!

O pasado sábado día 8, o Concello de O Pino (A Coruña) acollía a I Milla Nocturna CD Vagalume Energía, competición que se aproveitaba para alberga-lo Campionato Galego de Milla en Ruta, até onde se desprazaron tres dos nosos atletas. O primeiro deles, Martín Regueira, rematou nunha fantástica 3ª posición en categoría absoluta, conseguindo polo tanto a Medalla de Bronce, tras realizar un tempo de 4'42", cedendo tan só por un segundo no sprint final aos atletas do CA Santiago Alberto Chaves e Fernando Vales. Pola súa parte, Rebeca Soto proclamouse Subcampiona Galega veterana W40, completando os 1609 metros do percorrido nun tempo de 6'17".

A cita aproveitouse tamén para disputa-los Campionatos Galegos de 1km das categorías Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín, conseguindo nesta última categoría Alba Pena a vitoria cun tempo de 4'00", proclamándose polo tanto Campiona Galega. Parabéns! [Resultados O Pino]