A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Bastiagueiro, Vigo, A Coruña, Mugardos e Ferrol

Comezamos repasando os resultados da semana pasada coa participación dos nosos atletas no I Trofeo ONCE Arceclima, celebrado o venres 31 nas Pistas de Atletismo do INEF, en Bastiagueiro:

  • 100ml: Xoán Díaz, 11"53 (+0'3m/s, MMP); Christian Peña, 13"03 (+0'0m/s, MMP); Xela González, 13"70 (-0'6m/s); Sofía Crego, 13"74 (-0'6m/s, MMP); e Lucía Heras, 14"54 (-0'6m/s).
  • 400ml: Demba Sanyang, 52"72; e Manuela Castro, 1'01"09.
  • 500ml: Laura Rodríguez, 1'34"20; Marta Ventura, 1'35"59 (MMP); Gael Varela, 1'40"69 (MMP); Roi Díaz, 1'43"25; Antía Arnoso, 1'43"50 (MMP); Alba Pena, 1'48"11 (MMP); Noa Ardao, 2'02"36 (MMP); e Paula Mouzo, 2'08"06 (MMP).
  • 800ml: Eva Castro, 2'27"12; e Rebeca Soto, 2'49"03 (MMP).
  • 100mv [0'762m]: Andrea Lago, 17"77 (-0'5m/s).
  • 3km Marcha: Carlos Morales, 15'24"93.
  • Xavelina [400g]: Nerea Freire, 11'12m (MMP).
  • Xavelina [500g]: Evelyn Fernández, 18'73m (MMP); Roi Díaz, 9'39m (MMP).
  • Xavelina [600g]: Irene Fernández, 10'42m (MMP).

O sábado 1 tiña lugar en Balaídos unha das citas máis emblemáticas do atletismo autonómico no XXX Reconquista - Trofeo Antonio Fernández, onde o local Rubén Martínez realizaba unhas boas actuacións nos 100ml con 11"66 (+4'3m/s) e sobre todo no salto de lonxitude, onde remataba cun mellor intento de 6'58m (+0'5m/s). [Resultados Vigo]

O mesmo sábado A Coruña acollía a VII Carreira Popular Torre de Hércules - Trofeo José Antonio Varela Calviño, onde estiveron varios dos nosos atletas. Na carreira absoluta, que contaba cun percorrido de 6675 metros, estiveron Rebeca Soto (13ª, 30'41") e Cosme Souto (271º, 31'21"). En categorías menores, Sergio Soto foi 2º nos 1600m cadetes con 5'46"; Marta Ventura, 3ª nos 800m alevíns con 2'54"; e entre as benxamíns, tamén sobre 800 metros, Alba Pena, Antía Arnoso e Noa Souto foron 2ª, 3ª e 6ª con 3'06", 3'10" e 3'18", respectivamente. [Resultados A Coruña]

Na noite do sábado celebrábase a I Milla Nocturna Concello de Mugardos, onde Eva Castro volvía a demostrar o seu bo estado de forma tras o 800ml do venres e protagonizaba unha gran carreira, conseguindo a victoria final nos 1609 metros totais cun tempo de 6'01". Nesa mesma distancia, na carreira cadete-xuvenil-júnior tomaba parte Roi Polo, acadando unha fantástica 2ª posición (1º cadete) con 5'46". Participou tamén o alevín Borja López sobre unha distancia de 800m, conseguindo a 3ª posición entre os nenos con 3'05". [Resultados Mugardos]

Para rematar, e volvendo ao atletismo en pista, o domingo en A Malata chegaba o turno dos pequenos na I Fase Escolar Infantil en Pista - XOGADE. A súa actuación foi a seguinte:

  • 80ml: Adrián López, 12"08 (+0'0m/s, MMP); Sabela López, 12"36 (+0'0m/s, MMP); Lara Mª Chao, 12"40 (-0'5m/s, MMP); Valeria Filgueira, 12"82 (-0'4m/s, MMP); Eloi Tre, 13"08 (+0'0m/s, MMP); Daniela García, 13"39 (+0'4m/s, MMP); Nuria Blanco, 13"74 (-0'2m/s, MMP); e Óscar Puente, 14"69 (+0'0m/s).
  • 150ml: Laura Rodríguez, 22"39 (+0'0m/s, MMP); Sabela López, 23"73 (+0'0m/s, MMP); Daniela García, 24"83 (+0'2m/s, MMP); Eloi Tre, 24"95 (+1'9m/s, MMP); Óscar Puente, 25"07 (+1'6m/s, MMP); e Nuria Blanco, 26"07 (+1'4m/s, MMP).
  • 500ml: Laura Rodríguez, 1'35"65; Adrián López, 1'39"14; e Valeria Filgueira, 1'48"86.
  • 1000ml: Sergio Soto, 3'24"43 (MMP);
  • 80mv [0'762m]: María Heras, 15"45 (+0'0m/s, MMP); e Nerea Freire, 17"24 (+0'0m/s, MMP).
  • 220mv [0'762m]: María Heras, 36"84 (MMP).
  • Altura: Laura Rodríguez, 1'19m (MMP); e Diego López, 1'13m (MMP).
  • Lonxitude: Adrián López, 3'50m (+1'0m/s, MMP); Sabela López, 3'39m (-0'7m/s, MMP); Lara Mª Chao, 3'31m (-0'9m/s, MMP); Eloi Tre, 3'27m (-0'4m/s); Óscar Puente, 3'25m (-0'4m/s, MMP); e Valeria Filgueira, 2'90m (+0'9m/s).
  • Triplo: María Heras, 8'65m (+0'2m/s); e Nerea Freire, 8'60m (+0'0m/s, MMP).
  • Xavelina [400g]: Nerea Freire, 11'95m (MMP).
  • Xavelina [500g]: Javier Rodríguez, 17'75m (MMP);
  • Peso [3kg]: Javier Rodríguez, 8'35m (MMP);
  • Tetrathlon: no que tomou parte Roi Díaz, que volveu á casa con cinco novas marcas persoais tras lograr uns parciais de 12"53 (+0'0m/s, MMP) nos 80ml, 3'72m (+1'7m/s, MMP) no salto de lonxitude, un mellor lanzamento de 5'14m (MMP) no Peso [3kg] e 18"73 (+0'3m/s) nos 80mv [0'838m, MMP], sumando un total de 672 puntos (MMP). [Resultados Ferrol]