A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vimianzo

O pasado sábado 25 de marzo, aproveitando a celebración en Ourense do Trofeo Aurum - Campionato Provincial de 10.000 metros, tiñan lugar os Campionatos Galegos de 10.000 metros e Milla en Ruta. No primeiro deles a nosa atleta Eva Teijeiro acadaba unha fantástica Medalla de Bronce absoluta, tras finaliza-la proba en 50'47"43. Parabéns, Eva! [Resultados Ourense]

Tamén o sábado, as Pistas de Atletismo do CGTD acollían a II Xornada Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, onde tomaron parte varios dos nosos atletas: o promesa Elvis Rondón corría os 150ml en 17"65 (+0'1m/s); Esteban Martínez paraba o crono nos 1000 metros lisos en 2'55"61 (MMP); Iago Pazos acadaba unha nova marca persoal no lanzamento de xavelina cun rexistro de 54'05m (MMP); e Carlos Ferrer, que enviaba o peso de 6kg até os 10'92m. [Resultados Pontevedra]

Xa o domingo 26, celebrábase nas pistas de A Malata a I Fase Escolar Alevín e Benxamín en Pista - XOGADE, onde os nosos nenos e nenas asinaron as seguintes actuacións:

BENXAMÍNS:

  • 50ml: André Ordiales, 3º con 8"97; Antía Arnoso, 4ª con 9"26; Marta Lamas, 6ª con 9"28 (MMP); Noa Romero, 7ª con 9"31; Alba Pena, 8ª con 9"37 (MMP); Paula Mouzo, 10ª con 9"46 (MMP); María Mera, 21ª con 10"08; Noa Ardao, 22ª 10"20 (MMP); e Iago Álvarez, 44º con 10"26 (MMP).
  • 500ml: Nadia Brañas, 1ª con 1'48"99; Antía Arnoso, 2ª con 1'55"18; André Ordiales, 9º con 1'57"50; Noa Souto, 7ª con 2'00"09; Sofía Castro, 13ª con 2'06"90; María Mera, 14ª con 2'10"87; e Iago Álvarez, 17º con 2'09"02 (MMP).
  • 1000ml: Alba Pena, 1º con 4'04"20; e Noa Ardao, 4ª con 4'33"71.
  • 1km Marcha: Rubén López, 1º con 6'19"42.
  • Lonxitude: Noa Souto, 1ª con 2'93m; Marta Lamas, 5ª con 2'54m.
  • Altura: Rubén López, 5º con 0'90m (MMP).
  • Peso (1kg): Noa Romero, 8ª con 4'23m.

ALEVÍNS:

  • 60ml: Marta Ventura, 1ª con 9"63 (MMP); Irene Vázquez, 13ª con 10"83; Silvia López, 16ª con 10"85 (MMP); Juan Daniel Grandal, 21º con 10"86 (MMP); e Ángel García, 33º con 11"42.
  • 1000ml: Marta Ventura, 2ª con 3'51"69 (MMP).
  • Lonxitude: Irene Vázquez, 3ª con 2'81m (=MMP); Erika Fernández, 14ª con 2'34m (MMP).
  • Peso (2kg): Ángel García, 2º con 6'21m; Juan Daniel Grandal, 4º con 5'71m; Erika Fernández, 3ª con 5'24m (MMP); Xoel González, 7º con 4'92m (MMP); e Silvia López, 10ª con 3'58m. [Resultados Ferrol]

Por último, o mesmo domingo tiña lugar a VII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, na que Martín Regueira se facía coa victoria na distancia de 3km, tres para-lo crono nun rexistro de 9'18". [Resultados Vimianzo]