A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Dúas medallas para os máis pequenos en Riazor!

O pasado sábado 18 estaban en xogo no Pazo dos Deportes de Riazor as últimas medallas autonómicas baixo teito coa celebración do Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en Pista Cuberta. Até alí se desprazaron varios dos nosos atletas máis pequenos, conseguindo unha bagaxe de 2 medallas, 9 postos de finalista e un total de 15 marcas persoais do total de 18 participacións que realizaron. Sensacional! [Resultados A Coruña]

A actuación dos nosos atletas foi a seguinte:

INFANTÍS:

  • María Heras, 4ª na Final de triplo salto cunha mellor tentativa de 8'81m (MMP) e 3ª na Semifinal 2 dos 50mv con 9"62 (MMP).
  • Javier Rodríguez, 6º na Final de lanzamento de peso (3kg) cunha fantástica marca de 8'33m (MMP).
  • Nerea Freire, 7ª na Final de triplo salto cun mellor intento de 8'17m (MMP) e 4ª na Final B (10ª na clasificación global) dos 1000ml con 3'42"53 (MMP).
  • Laura Rodríguez, 4ª na Final B (11ª no global) dos 1000ml con 3'43"99 (MMP).
  • Jaime Pena, 2º na Semifinal 2 dos 50ml con 7"48 (MMP).
  • Roi Díaz, 5º na Semifinal 3 dos 50mv con 10"86 (MMP).

ALEVÍNS:

  • Marta Ventura, 6ª na Final A (sexta tamén no cómputo global) dos 500ml, cun tempo de 1'40"46 (MMP).

BENXAMÍNS:

  • Noa Souto, Subcampiona Galega de salto de lonxitude cun mellor intento de 3'24m, sendo tamén 3ª na Semifinal 3 dos 50ml con 8"80 (MMP).
  • Nadia Brañas, 3ª na Final A e Medalla de Bronce nos 1000ml cun rexistro de 3'51"41 (MMP), ademais dunha meritoria 5ª posición na Final de salto de altura con 0'95m (MMP).
  • Alba Pena, 4ª na Final A (e cuarta tamén na clasificación xeral) con 3'52"17 (MMP).
  • Noa Romero, 7ª na Final de lanzamento de peso (1kg) cunha mellor tentativa de 4'77m.
  • Rubén López, 4º na Final B dos 1000ml (12º no global) con 4'10"88 (MMP).
  • André Ordiales, 3º na Semifinal 2 dos 50ml con 8"63 (MMP).
  • Antía Arnoso, 6ª na Semifinal 1 dos 50ml con 9"13 e 8ª na Final A (13ª na xeral) dos 1000ml con 4'18"64.


Deixando de lado o atletismo en pista, o domingo 19 tiña lugar a XXVII Carreira Pedestre de San Xosé - II Corre por Elas en As Pontes, onde tivemos varios representantes:

Na proba absoluta, que contaba cun percorrido de 6'1km, Andrés García entraba 55º e Jesús Ardao 56ª, ámbolos dous cun tempo de 27'42", mentres que no apartado feminino Rebeca Soto entraba 9ª con 27'54" e Irene Fernández 52ª con 39'21". Na carreira de categoría benxamín, sobre un circuíto de 400 metros, Alba Pena foi 2ª e Noa Ardao 3ª cuns tempos de 1'24" e 1'30", respectivamente. [Resultados As Pontes]