A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Roberto Tuimil, Medalla de Bronce no Campionato de España

-Club Atletismo Narón

Nesta época de Marzo, os nosos atletas atópanse xa participando nas derradeiras probas baixo teito deste ano, como foi o caso este fin de semana de Roberto Tuimil no Campionato de España Veterano en Pista Cuberta (Madrid) ou de Xoán, Manuela e Demba no Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta (Sabadell).

O primeiro deles, Roberto, tomaba parte na tarde do sábado 11 en Gallur na Final dos 60 metros valos en categoría M40 (0'991m), obtendo a súa mellor marca da tempada con 9"70 e conseguindo a Medalla de Bronce no campionato. Aproveitando a ocasión tomou parte tamén nos 60 metros lisos, onde entrou 6º na Semifinal 1 cun tempo de 8"31, non conseguindo o pase para a Final. Parabéns por esa medalla, capitán! [Resultados Madrid]

En canto ao Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta, temos que destacar a gran actuación de Xoán Díaz, que foi segundo na súa eliminatoria de 200 metros lisos cun tempo de 22"91 (MMP), mellorando incluso a súa mellor marca persoal ao aire libre a pesar de correr pola rúa 3. Desgraciadamente, tan só pasaban 12 atletas a semifinais e non conseguíu pasar da 14ª posición. Pola súa parte, Demba Sanyang remataba os 400ml en 5ª posición na Semifinal 3, non sendo suficientes o seu rexistro de 52"53 para pasar por tempos. Tampouco tivo o seu mellor día Manuela Castro nas dúas voltas a pista, onde entraba 5ª na súa serie con 1'02"56, non entrando a unha final que estaba moi cara (tan só entraba a primeira clasificada de cada serie). [Resultado Sabadell]