A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Tres mínimas nacionais e un Récord do Club en Oviedo!

A Pista Cuberta de Oviedo acollía os pasados sábado 4 e domingo 5 o Campionato de Asturias Infantil e Cadete, que se celebraba conxuntamente cun Control de Marcas, evento éste último ao que acudían varios dos nosos atletas na procura de mínimas para o nacional e marcas personais. E non regresaron coas mans vacías: estupenda actuación dos nosos, con Ricardo Suárez conseguindo a victoria nos 60ml con 7"15; Xoán Díaz vencendo os 200ml con 23"24, Marca Mínima para o Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta; Demba Sanyang obtendo 24"21 (MMP) nesa mesma distancia, conseguindo unha nova marca persoal; e Manuela Castro rematando os 400ml nunha fantástica marca persoal de 1'00"39 (MMP), conseguindo as Marcas Mínimas para os Campionatos de España Xuvenís en Pista Cuberta e Aire Libre, ademáis de facerse co Récord do Club na distancia en Pista Cuberta (anterior Alba Valle, 1'02"01 - Zaragoza 1999). Parabéns a todos! [Resultados Oviedo]

Por outro lado, o domingo 5 celebrábase o II Trofeo Atletismo Mazi - Cidade Vilagarcía, onde a nosa benxamín Noa Romero tomaba parte unha semana máis nos 50ml e no lanzamento de peso (1kg), probas nas que conseguía uns rexistros de 9"38 e 5'34m (MMP), respectivamente. [Resultados Vilagarcía]