A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Gran actuación de Míriam Otero no nacional

Os pasados sábado 4 e domingo 5, o Palau Velódrom Lluís Puig de Valencia acollía o XLIV Campionato de España Júnior en Pista Cuberta, onde un ano máis tiña unha cita coas mellores velocistas nacionais, un ano máis, Míriam Otero.

A atleta de Barallobre é xa unha habitual nos nacionais do dobre hectómetro. | Foto cortesía de José Luis Martínez Ortiz

A atleta tomou parte na xornada matinal do sábado nas eliminatorias dos 200 metros lisos, conseguindo entrar segunda na súa serie coa súa mellor marca do ano (25"93), clasificándose por postos para as semifinais da tarde. Lamentablemente, na seguinte rolda non conseguía o pase para a final por un posto, quedando finalmente 9ª (26"22) a tan só 5 centésimas da 8ª clasificada repescada por tempos (26"17). Bo traballo, Míriam! [Resultados Valencia]