A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Álex Novás, bronce coa Selección Galega en El Hierro!

O pasado sábado día 4, unha expedición de marchadores galegos viaxaba até as Illas Canarias para participar no XXXI Campionato de España de Marcha de Federacións Júnior e Cadete, que se celebraba conxuntamente en El Hierro co campionato de categoría veterana. Xunto ao equipo, que levaba de xefe de expedición ao noso atleta Carlos Morales (responsábel galego do sector), viaxaba Álex Novás como membro do equipo júnior, que logrou remata-los 10km nunha meritoria 15ª posición cun gran tempo de 48'27" (MMP). a marca establece un novo mellor rexistro para o atleta e corrobora a marca mínima que xa posuía para o Campionato de España Júnior en Pista ao Aire Libre. A nivel global, xunto ao resto de compañeiros de equipo (Roberto Vieiro 8º, Brais Prieto 12º, Héctor Rodríguez 29º e Emilio Novás 31º), conseguiron unha magnífica 3º posición e polo tanto a Medalla de Bronce no campionato. Parabéns rapaces! [Resultados El Hierro]