A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados Fin de Semana: A Coruña, Pontevedra e Vigo

O pasado sábado 25 de febreiro deuse cita no Pazo dos Deportes de Riazor a maior parte do futuro do atletismo galego coa celebración dos Campionatos Galegos Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta. Entre os presentes estiveron varios dos nosos atletas, que conseguiron un total de 5 medallas (un ouro, unha prata e catro bronces). [Resultados Riazor]

A súa actuación foi a seguinte:

JÚNIORS:

  • Míriam Otero, Subcampiona Galega dos 200ml cun tempo de 26"66 e 4ª na Final dos 50ml con 7"03, mesmo rexistro que a segunda e terceira clasificadas, tras realizar 7"08 nas eliminatorias.
  • Inés Doce, Medalla de Bronce nos 400ml cun tempo de 1'05"96 na Final.
  • Irene López, 6ª na Final de salto de lonxitude cun rexistro de 4'44m.

XUVENÍS:

  • Demba Sanyang, Campión Galego de 400ml con 53"58 na Final, tras clasificarse previamente con 54"40 e 6"71 (MMP) na Serie 2 dos 50ml.
  • Manuela Castro, Medalla de Bronce nos 400ml cun tempo de 1'02"30 na final, despois de acreditar 1'03"23 nas eliminatorias.
  • Xoán Díaz, Medalla de Bronce nos 200ml cun tempo de 23"46 na Final A, a escasas 6 centésimas da mínima para o nacional. Clasificouse previamente nas eliminatorias primeiro da súa serie con 23"86. Ademais, entrou en 6"53 (MMP) na Serie 3 dos 50ml, non conseguindo a clasificación.
  • Andrea Lago, 5ª na Final de salto con pértega con 2'42m, acreditou tamén 8"72 (MMP) na Serie 4 dos 50mv.
  • Evelyn Fernández, 6ª na Final de lanzamento de peso cun rexistro de 9'69m.
  • Esteban Martínez, 6º na Final dos 800ml cun rexistro de 2'14"80.
  • Paula López, 7"32 na Serie 3 dos 50ml e 28"03 na Serie 2 dos 200ml, non conseguindo a clasificación para a final en ningunha delas.
  • Pablo Pena, 6"64 na Serie 1 dos 50ml (MMP), rexistro insuficiente para entrar na final.
  • Lucía Heras, 7"53 (MMP) na Serie 1 dos 50ml e 9"43 (MMP) na Serie 1 dos 50mv, non conseguía o pase para as finais.

O mesmo sábado 25 estaban en xogo máis medallas autonómicas no Campionato Galego Absoluto de Lanzamentos Longos, celebrado nas pistas do CGTD en Pontevedra. Ata alí se achegaron tres dos nosos atletas:

  • Faisal Dauda, fantástico 4º posto en disco destrozando a súa mellor marca persoal cun intento de 41'60m (MMP) e 6º en martelo con 40'41m.
  • Iago Pazos, 4º en lanzamento de xavelina con 53'94m (MMP), a escasos 36cm da medalla de bronce e conseguindo de paso o seu mellor rexistro persoal, que databa do 2015.

Xa o domingo 26, as Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos (Vigo) acollían o II Trofeo Entroido en Pista Celta de Atletismo, onde a benxamín Noa Romero tomaba parte nos 50 metros lisos, cunha marca de 9"25 (MMP) e en lanzamento de peso (1kg), onde enviaba o artefacto até os 4'79 metros. [Resultados Vigo]

Para rematar, e deixando de lado o atletismo en pista, o mesmo domingo tiña lugar a IX Media Maratón Coruña 21, onde José Luis Bouza remataba na 151ª posición cun tempo de 1h25'08", conseguindo ser 2º no seu rango de idade veterano. [Resultados A Coruña]