A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Álex Novás e Carlos Morales marchan coa Selección Galega a Canarias!

A Federación Galega de Atletismo publicou recentemente a convocatoria para a Selección Galega de cara ao Campionato de España de Federacións Autonómicas Júnior e Cadete de Marcha en Ruta, a celebrar na localidade de Valverde (El Hierro) o vindeiro 4 de marzo. Entre a lista dos seleccionados atópase o noso marchador Álex Novás, como integrante do equipo Júnior-Xuvenil masculino, ademais de Carlos Morales, que asistirá como adestrador e Responsábel da Expedición. Moita sorte, rapaces! [Circular]