A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: A Pobra, Padrón, Noia, Oviedo e Lovelhe

Nun fin de semana no que Salamanca foi o gran centro de atención do mundo atlético pola celebración do Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta, os nosos atletas estiveron presentes noutras competicións e campionatos a nivel autonómico.

Comezamos repasando o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través que tivo lugar o sábado en A Pobra do Caramiñal, do que temos que destacar unha vez máis ao noso Equipo Benxamín Feminino, que demostraron que son a referencia na súa categoría e se fixeron cunha victoria aplastante, proclamándose Campionas Provinciais. Non en van, as nosas rapazas remataron cun total de 34 puntos, por 81 que conseguiron as segundas clasificadas, gracias unha vez máis á gran regularidade do grupo naronés. Ademais, a nivel individual conseguíuse unha medalla máis, a da benxamín Nadia Brañas, que se proclamou Subcampiona Provincial entre as benxamíns. [Resultados A Pobra]

A actuación completa dos nosos atletas, por categorías, foi a seguinte:

INFANTIL

  • Mulleres (1'6km): Nerea Freire, 21ª con 6'45"; Laura Rodríguez, 31ª con 6'58"; e María Heras, 36ª con 7'00".
  • Homes (2km): Sergio Soto, 16º cun tempo de 7'30".

ALEVÍN

  • Mulleres (1'2km): Marta Ventura, que con 5'12" conseguía unha praza de finalista, 8ª.

BENXAMÍN:

  • Mulleres (0'7km): Nadia Brañas, 2ª con 3'21"; Alba Pena, 4ª con 3'24"; Noa Souto, 10ª con 3'33"; Antía Arnoso, 18ª con 3'41"; Noa Ardao, 32ª con 3'49"; María Mera, 46ª con 4'04"; e Paula Mouzo, 53ª con 4'12".
  • Homes (0'7km): André Ordiales, 37º cun rexistro de 3'42"; e Rubén López, 43º con 3'46".

Seguindo con campionatos autonómicos, o mesmo sábado tivo lugar en Padrón o Campionato Galego de 10km en Ruta, onde sumaba unha participación máis José Luís Bouza, que todavía recuperando ritmos e sensacións despois da súa lesión, rematou 192º cun tempo de 39'34", conseguindo o 5º posto entre os veteranos M55. [Resultados Padrón]

Xa o domingo, Noia acollía un Control de Marcas ata o que se achegaron varios dos nosos atletas, conseguindo os seguintes resultados:

  • 60ml: Xoán Díaz, 7"52 (-0'1m/s, MMP); Demba Sanyang, 7"69 (+0'4m/s); Xela González, 8"63 (+2'0m/s, MMP); e Lucía Heras, 8"83 (+2'0m/s).
  • 300ml: Xela González, 48"78.
  • 400ml: Demba Sanyang, que con 51"98 (MMP) destrouzou o seu mellor rexistro persoal, conseguindo de paso a Marca Mínima esixida para participar no Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta, a celebrar en Sabadell os vindeiros días 11 e 12 de marzo.
  • 500ml: Roi Díaz, 1'39"41;  e Xoel González, 2'07"13 (MMP).
  • 60mv [0'762m]: Andrea Lago, 10"51 (+1'4m/s); e Lucía Heras, 11"53 (+1'4m/s).
  • Lonxitude: Andrea Lago, 4'63m (+1'3m/s).

Un pouco máis lonxe da casa, entre o sábado e o domingo celebrábase en Oviedo o "Campeonato de Asturias de Veteranos", conxuntamente cun Control de Marcas. Na competición tomaron parte dous dos nosos atletas, por partida dobre: o promesa Ricardo Suárez, que entrou moi preto da súa marca persoal nos 60ml con 7"15 e rematou os 200ml en 23"61; e o veterano Roberto Tuimil, que rexistrou un tempo de 8"40 nos 60ml e rematou en 9"94 os 60mv [0'991m]. [Resultados Oviedo]

Para rematar, o sábado 18 tiña lugar a II Jornada de Lançamentos de Lovelhe, na localidade portuguesa de Viana do Castelo. Até alí se desprazou o noso atleta Faisal Dauda, que logrou un mellor lanzamento de 39'61m no martelo e de 40'39m no disco. [Resultados Lovelhe - *Link Descarga]