A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: A Pobra, Pontevedra, Oviedo e Ferrol

O pasado fin de semana foron varias as probas disputadas polos nosos atletas, tanto na nosa comunidade coma en Asturias, habendo ademais en xogo algúns títulos autonómicos ao tratarse de campionatos galegos. Comezamos repasando o Campionato Galego de Marcha en Ruta, celebrado o domingo en A Pobra e até onde se achegaron os nosos marchadores:

  • Álex Novás, que foi 4º absoluto e Subcampión Galego Xuvenil nos 10km marcha, tras completa-lo circuíto en 49'56" (MMP) no seu debut na distancia.
  • Pedro Abeledo, que nesa mesma carreira rematou en 11ª posición (Campión Galego Veterano M50) cun tempo de 1h01'09".
  • Rubén López, que se proclamou Subcampión Galego Benxamín na distancia de 1km Marcha cun crono aproximado de 5'51" (por un erro nos resultados, e á espera de que o corrixan, o atleta aparece 9° cun tempo que non lle corresponde).
  • Sara Santiago, 9ª nos 5km Marcha Cadete tras conseguir rematar en 34'12" (MMP). [Resultados A Pobra]

O outro campionato autonómico do fin de semana tiña lugar o mesmo domingo en Pontevedra, que acollía o Campionato Galego de Pentathlon de Lanzamentos Veterano, onde tomou parte o polivalente Carlos Ferrer. O atleta conseguíu facerse coa Medalla de Ouro no Pentathlon de categoría M55 (Lanzamento de Martelo [6kg], Lanzamento de Peso [6kg], Lanzamento de Disco [1'5kg], Lanzamento de Xavelina [700g] e Martelo Pesado [11'34kg]) cunha marca de 3257 puntos, tras realizar uns rexistros de 38'51m, 10'42m, 33'76m, 32'61m e 14'06m. [Resultados Pontevedra]

Deixando de lado os campionatos galegos, o domingo celebrábase en Oviedo un Control de Marcas en Pista Cuberta conxuntamente co "Campeonato de Asturias Junior y Juvenil". Nas probas do control o noso velocista Ricardo Suárez correu os 200ml en 23"65 e os 60ml nuns fantásticos 7"12 (MMP), reventando o seu propio rexistro de 7"20 acadado este mesmo ano. [Resultados Oviedo]

Xa para rematar, o sábado día 11 tiña lugar no entorno das Pistas de Atletismo de A Malata o LV Trofeo Joaquín Romero - V Memorial, no que tomaron parte José Luís Bouza, que reaparecía logo dunha lesión cun meritorio 22º posto, tras completa-los aprox. 8km do percorrido en 32'42"; Esteban Martínez, que foi 32º con 34'22". Entre as mulleres, que participaban nun circuíto duns 4'2km, a mellor das nosas foi Eva Castro, 5ª entre con 17'56"; seguida de Rebeca Viñas, 7ª con 18'12"; e Eva Teijeiro, 10ª con 20'28".

En canto ás categorías menores, entre os infantís Roi Díaz remataba 4º con 12'20" (aprox. 2'8km); e Nerea Freire 3ª con 5'47" (aprox. 1'4km). En categoría alevín Juan Daniel Grandal era 11º con 7'04" (aprox. 1'4km); e Marta Ventura 5ª con 6'13" (aprox. 1km). Por último, entre os benxamíns (aprox. 0'5km) André Ordiales foi 2º con 3'18"; Alba Pena, 2ª con 3'06"; Antía Arnoso, 3ª con 3'11"; Noa Souto, 6ª con 3'23"; Noa Ardao, 7ª con 3'25"; Noa Romero, 9ª con 3'38"; e Paula Mouzo, 11ª con 3'48". [Resultados Ferrol]