A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Últimos Resultados: A Baña, Gijón e Pontevedra

Os títulos autonómicos do Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta non foron os únicos disputados o pasado fin de semana, xa que o domingo en A Baña tiña lugar tamén o Campionato Galego de Cross Curto por Clubs, no que a pesar de non formar equipo sí tivemos representación en categoría feminina: Eva Teijeiro conseguía finalizar 47ª tras empregar un tempo de 20'54" nos aproximadamente 4km do percorrido. [Resultados Cross Curto]

Aproveitando a ocasión celebrouse tamén en A Baña o Campionato Galego Cadete e Xuvenil Individual e por Clubs de Campo a Través, onde na carreira cadete (aprox. 2'5km) Carmen Jiménez finalizaba nunha boa 19ª posición cun tempo de 9'59". [Resultados Cd-Xv]

Deixando de lado os campionatos autonómicos, o mesmo domingo en Pontevedra tiña lugar un Control de Lanzamentos, no que participaron Faisal Dauda, que rematou o concurso de disco [2kg] cun mellor intento de 38'85m (MMP, mellorando os seus 38'69m do ano pasado), e Carlos Ferrer, que ademais de envia-lo disco absoluto a 29'14m, lanzou tamén a xavelina de 700g a 35'61m e o martelo de 6kg a 41'37m. [Resultados Pontevedra]

Xa para rematar, o sábado día 4 celebrouse en Gijón un Control de Marcas en Pista Cuberta, no que Ricardo Suárez volvía a demostra-lo seu gran estado de forma igualando de novo o seu mellor rexistro persoal nos 60 metros lisos, cun tempo de 7"20. Parabéns! [Resultados Gijón]