A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta

O pasado sábado chegaba a cita autonómica máis importante da tempada invernal en canto ao atletismo en pista se refire: o Campionato Galego Absoluto e Promesa en Pista Cuberta. A cita, coa que presumíbelmente despedimos a tradicional sede do Pazo dos Deportes de Riazor para comezar o ano que ven na nova Pista de Expourense, acolleu a moitos dos mellores atletas da nosa comunidade, entre os que participaron once membros do noso club. [Resultados Riazor]

Podio absoluto dos 200ml femininos, con Andrea Pais (1ª), Laura Chapela (2ª) e a atleta do Narón Míriam Otero (3ª).

A actuación dos nosos atletas foi a seguinte:

  • Míriam Otero, que pese a non poder adestrar todo o que lle gustaría na presente tempada, conseguía subirse de novo ao podio e facíase cunha fantástica Medalla de Bronce nos 200 metros lisos, cun tempo de 26"63 na Final B. Previamente conseguía o pase para dita final tras clasificarse primeira na Semifinal 2 con 26"70.
  • Alex Romero, que seguindo na súa liña das combinadas probou sorte ata en catro probas distintas, rematando 4º empatado no concurso de salto de altura con 1'71m, 5º na final de salto con pértega con 3'02m, 9º na final de lanzamento de peso con 10'08m e 4º na Semifinal 1 dos 50mv con 8"49.
  • Rubén Martínez, que alcanzou un meritorio 5º posto na final de salto de lonxitude cun mellor intento de 6'41m, mellorando nun centímetro a súa mellor marca do ano, e foi ademais 1º na Serie 6 dos 50ml con 6"45.
  • Faisal Dauda, 7º na final de lanzamento de peso cunha marca de 10'84m, conseguindo ademais facerse co primeiro posto do concurso en categoría sub-23 e coroándose polo tanto novo Campión Galego Promesa.
  • Elvis Rondón, 2º na Semifinal 4 dos 200ml cun crono de 24"26 e 11º na final de salto de lonxitude cunha mellor tentativa de 5'57m e 4º na Serie 3 dos 50ml con 6"37 (MMP), mellorando os seus anteriores 6"45.
  • Roberto Tuimil, que entrou 5º na Semifinal 2 dos 50mv cun tempo de 8"48, non puidendo acceder a unha final moi cara.
  • Manuela Castro, que tras un inicio de carreira algo dubidosa, rematou 2ª na Semifinal 3 dos 400ml con 1'02"62.
  • Paula López, 3ª na Semifinal 4 dos 200ml con 27"90 e 6ª na Serie 4 dos 50ml cun tempo de 7"37, correndo preto das súas marcas persoais en ambas distancias.
  • Martín Regueira, que sen dúbida non tivo o seu mellor día, foi 11º na Final dos 1500 metros lisos con 4'21"17.
  • Xoán Díaz, 3º na Semifinal 1 dos 200ml cun tempo de 24"58, moi lonxe do seu mellor rexistro no dobre hectometro.
  • Enrique Ventura, que na súa segunda competición oficial conseguía rematar 13º no lanzamento de peso cunha mellor tentativa de 9'19m, asinando un bo debut nun campionato absoluto.

Parabéns a todas e todos polos postos e marcas acadados. Moita sorte nos vindeiros campionatos!