A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Ricardo Suárez, a un paso do podio absoluto en Oviedo!

Os pasados sábado 28 e domingo 29 a Federación de Atletismo do Principado de Asturias organizaba o "Campeonato de Asturias Absoluto-Promesa" no "Palacio de los Deportes de Oviedo". Na tarde do sábado participaba o noso atleta Ricardo Suárez nos 60 metros lisos, proba na que tras clasificarse terceiro na súa Semifinal cun tempo de 7"25 conseguía un magnífico 4º posto absoluto na Final con 7"22 (a escasas 2 centésimas do seu mellor rexistro), facéndose coa Medalla de Bronce en categoría promesa. Parabéns! [Resultados Oviedo]